lunes, 11 de septiembre de 2023

PRIMEIRO DÍA DE COLE DO CURSO 2023-24. ¡EMPEZAMOS!

    Chegou o luns 11 de setembro e iniciamos o novo curso escolar. A verdade, tivemos un primeiro día fantástico, moi alegre, con moitas ganas de falar e contar cousas do verán e máis ganas de ver aos compañeiros e compañeiras da Pementeira. 

  Parecía que só pasaran unhas curtas vacacións, como poden ser as de Nadal ou a Pascua en vez de dous meses de verán. Todos e todas foron automáticamente para o seu sitio do curso pasado, recordaban perfectamente as rutinas, pasamos lista e identificaban os nomes, recordaban os contos e pediron un de monstros que ten máscaras de cartón, activámonos co "Echa pallá", xogamos no patio, repasamos os Bits de Intelixencia e hai que dicir que se acordan de case todos, coñeceron á profe Mariña e ao profe Ramón, fixeron un debuxo e contaron moito das súas viaxes do verán. Algúns/has non se acordaban do sitio no que estiveron pero  outros/as déronme moitos detalles, resumindo un pouco as viaxes do verán foron aos seguintes lugares:

  • Portugal
  • Canarias
  • Alicante
  • Tenerife
  • Marina D´Or
  • París
  • Bélxica
  • Santiago de Compostela
  • Mallorca
  • Escocia

   Contáronme moitos detalles das piscinas, das praias, dos parques acuáticos, dos medios de transporte (caravana, tren, barco, avión, coche, bicicleta...) que empregaron... a verdade é que nos metemos tanto nas conversas e estabamos tan animados coas anécdotas que ata nos esquecemos de sacar fotos para compartir convosco. Eso sí, despois de merendar saímos ao patio a xogar (había moitas ganas de correr, de baixar polo tobogán e, por suposto, de ir ao areeiro) e entón aproveitamos para sacar algunhas fotos. Despois fixeron un debuxo, que quedou sen rematar porque o día xa non daba para tanta actividade) e tamén temos constancia fotográfica.












































2 comentarios:

  1. Leo tiña moitas ganas de que empezara o cole de ver os seus amigos e a profe, esperemos que siga así de animado.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eso espero, que teñan moitas ganas de investigar, de aprender, de facer cousas distintas, de descubrir cousas novas... a ver se conseguimos que se impliquen, que disfruten aprendendo e que desenvolvan a súa curiosidade.

      Eliminar

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...