Rematamos a nosa primeira semana do curso escolar 2023-24. Estamos retomando as actividades habituais, que xa tiñamos como rutinas o curso pasado: facer o panel (pasar lista), cantar e bailar, contar contos, xogar nos recunchos, facer puzles, practicar ioga, debuxar e pintar...
Ata o de agora non estamos introducindo moitas novedades xa que acabamos de chegar das vacacións de verán e queremos volver a adaptarnos aos horarios (hai que madrugar e activarse para facer moitas cousas no cole), volver a interiorizar as rutinas e respectar os turnos (que quizá é o que máis costa, xa que todos/as queren atención inmediata, queren ser protagonistas, e queren facer as cousas ao seu xeito e no momento que consideran oportuno para cada un deles o cal nunha aula tan numerosas é bastante complicado porque hai que ter ben organizados os tempos e os espazos) e retomar diferentes tarefas que, probablemente e como é lóxico, se esqueceron un pouco durante o verán.
Todos/as están contentos de verse, están relaxados/as na aula porque se sinten seguros e xa non son os pequeniños de apenas 3 anos que chegaron fai un ano, están faladores e participativos/as, recordan moitas cousas do curso pasado e iso é xenial, pídenme cancións ou contos determinados, están desexando buscar as pistas para averiguar o tema do proxecto, queren levar cousas para a casa coma antes... En fin, que o inicio do curso está rodando con naturalidade.
Nesta semana houbo moitas actividades diversas:
1.- Cantamos e bailamos para iniciar a xornada con enerxía e boas vibracións.
2.- Fixemos o panel (aínda non temos encargados/as -exploradores/as- xa que primeiro temos que descubrir o tema do proxecto, pero hai moitos nenos e nenas que queren pasar lista e recordan perfectamente todo o proceso).
3.- Fixemos puzles e xogamos nos recunchos.
4.- Iniciamos as sesións semanais de ioga (costou un pouquiño estirar músculos pero imos por bo camiño e xa vemos algunhas asanas moi ben realizadas):
No hay comentarios:
Publicar un comentario