miércoles, 20 de septiembre de 2023

REPASAMOS TRAZOS

      Pois aquí seguimos, na Pementeira, traballando, xogando, falando moito, investigando, cantando e disfrutando a tope do novo curso escolar.

   Entre as tarefas que estamos a facer está a grafomotricidade, a realización de trazos das diferentes grafías e tamén dos números. Estou volvendo a insistir moito nalgúns aspectos como:

  • Sentarse correctamente na silla, colocar ben o papel diante de nós.
  • Agarrar axeitadamente o lapis, ceras ou rotus. Isto segue a costar bastante, e resulta moito máis complexo facer ben un trazo e manter unha continuidade do mesmo no espazo e no tempo. Por iso procurade axudar aos nenos/as a agarrar ben o lapis, a colocar o dedo índice e pulgar sobre o útil, presionando sobre él, e o retso dos dedos telos recollidos, así como a man e o antebrazo repousando relaxados sobre a mesa.




  • Respectar a direccionalidade dos trazos. isto é importante para ir preparándose para a escritura con minúsculas. no futuro, os nenos/as van ir cada vez escribindo máis e van ir desenvolvendo a súa propia escritura, normalmente escribimos en minúsculas que van enlazadas co cal é importante facer os enlaces de xeito natural seguindo unha direccionalidade correcta e un ritmo fluído. Se desde agora van interiorizando esa maneira de ir facendo as diferentes grafias de arriba abaixo e de esquerda a dereita, así como os xiros tamén virando cara a esquerda, o trazo das minúsculas, e a realización de letras enlazadas sairá de xeito cómodo e natural.

       Despois destes consellos,, aquí están os peques traballando na aula con moita concentración, repasando a grafía das letras do abecedario.







-



 

Tamén hai tempo para xogar coa plasti e cantar novas cancións, que por certo están tendo moito éxito.


















  E, por suposto, o xogo libre no patio sempre apetece, como debe ser.























   E temos moitas máis cousas que contar, moi interesantes, pero a ver se mañán xa as podedes ver aquí. Así que estade atentos porque os nenos e nenas xa están empezando a mergullarse no novo proxecto, hai cambios na aula e segura que xa queredes saber que está pasando na Pementeira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...