lunes, 30 de mayo de 2022

CRISTINA PATO, UNHA MULLER GAITEIRA...

    Fai tempo xa, cando iniciamos o terceiro trimestre e empezamos a investigar e aprender cousiñas sobre a música tradicional galega, propuxen un reto de investigación no que se trataba de averiguar quen fora a primeira muller gaiteira que gravara un disco completo en solitario como gaiteira, en España. Supoño que todos o recordades, pero en caso contrario podedes volver a ver a entrada publicada no blog o 2 de maio, titulada "Música galega e retos".

   Esta muller gaiteira é Cristina Pato, que non só toca a gaita, senón tamén o piano, é compositora, imparte clases na New York University e recentemente acaba de publicar un libro. Ademais de ser unha muller creativa, traballadora, con iniciativa e con talento, é unha muller solidaria e colabora no proxecto  "Silkroad", unha fundación sin ánimo de lucro creada polo cellista Yo-Yo Ma que busca empregar a música e a creación musical como instrumento de cooperación, inclusión e apertura cultural,  coa finlidade de lograr que este mundo sexa mís inclusivo e solidario.

     Pois ben, cando nos visitou Vanessa do CIM Terras de Iria, falounos de mulleres que loitaron por ter un posto na sociedade, que quixeron romper cos estereotipos de xénero, que foron e son emprendedoras e que nos falan con exemplos claros do que debe ser a igualdade real. Nós, na Pementeira, dentro do noso Proxecto Musiqueando, tamén falamos e investigamos sobre mulleres que deixaron a súa pegada no mundo da música e contámoslle a Vanessa que para complementar esa actividade sobre mulleres, que ela nos presentou, íamos traballar sobre algunha muller que destacara no eido da música galega e que fixera algo pouco frecuente nesa época e que lle adicaríamos un mural. xa que nos gusta moito realizar murales decorativos para ter o noso cole ben bonito ( e a o mesmo tempo aprender un montón de cousas).Polo tanto, decidimos que a muller a que queríamos adicarlle un espazo no noso cole era Cristina Pato e ademáis de aprender varias cousas sobre el e o seu traballo, tamén a escoitamos tocar a gaita e, finalmente, a plasmamos tocando a gaita nun mural que pintamos entre todas/as.


                       

                                  

                                  

                                  

                                   

                                   

                                   

                                   

                                   

                                   









    Ademais de pintar, tamén fixemos as letras donome de Cristina Pato con papeliños de cores imitando os mosaicos que xa os romanos empregaban como medio de decorar as súas casas, as basílicas ou os templos. Foi divertido traballar en equipo rasgando papeis e pegándoos nas letras e quedou realmente vistoso.
























































Que vos parece o resultado?


KILIMANJARO

    Viaxando por África chegamos á montaña máis alta de todo o continente que se atopa en Tanzania: o Kilimanjaro, un volcán de máis de 5.00...