Levamos uns días aprendendo moitas cousas sobre os ríos en xeral, e sobre os ríos galegos en particular. Arredor deste centro de interese traballamos a expresión oral, a lecto-escritura, contidos de xeografía, de ciencias naturais, de ecoloxía, de expresión artística e plástica.
Aquí vos deixo algúns exemplos das actividades que estamos a facer coñecendo peixes como a lamprea, o salmón ou a troita, paxaros como a lavandeira, a picapeixe ou o merlo rieiro, falamos sobre a importancia dos muíños, o seu funcionamento coa auga e o nacemento da muiñeira... E aínda nos quedan cousas por investigar.
👏👏👏👏👏👏👏 Estupendo Chic@s
ResponderEliminar