Onte celebramos o aniversario de Lucía que se une ao clube dos pementeiros e pementeiras que xa teñen 6 an os. Unha vez máis, comprobamos o emoción que experimentan estas nenas e nenos cando cumplen anos. Lucía xa levaba varios días avisando do seu cumple e onte esperaba con ansia o momento de apagar as candeas, compartir galletas e escoitar os eloxios. Como o tempo estaba realmente agradable, fixemos a maior parte da celebración fóra; únicamente o momento de apagar as candeas tivo que ser no interior porque a brisa non nos permitía facelo no patio, pero foi igualmente divertido e Lucía estaba moi contenta.
-Lucía gústame comprobar que cando prestas atención aprendes cousas novas e alégrame cando tes ganas de facer algún reto e investigar na casa. Tamén me gusta verte traballar con coidado, debuxando con interés e facendo boa letra . Cando participas nas asambleas e contas cousas e respondes a preguntas, póñome contenta e encántame verte xogar alegre coas amigas e amigos.
-Gústame cando xogas comigo no patio, gústame verte sorrir e quérote moito.
- Gústame cando lle prestas atención á profe e fas ben as tarefas, gústanme os teus debuxos.
-Gústame cando compartes e cando xogamos fóra, quero que sexas a miña amiga e xoguemos todos os días.
- Eres boa compañeira, gústame cando compartes e como fas ioga.
- Gústame ser o teu amigo, quero que compartas os xoguetes conmigo e gústame xogar contigo.
-Eres a miña mellor amiga e vou xogar sempre contigo.
-Gústame cando lle fas caso á profe e che saen ben os traballos.
FELICIDADES LUCÍA!!!
ResponderEliminar