domingo, 29 de mayo de 2022

O CUMPLE DE HUGO

    O xoves foi o aniversario de Hugo e el, como é lóxico, estaba emocionado coa celebración. Pero tivemos que deixala para o venres porque había unha actividade importante xa programada para todo infantil e non tiñamos tempo dispoñible. O venres xa lle adicamos a Hugo o seu tempo e disfrutamos con el do seu sexto cumpleanos nun día ben bonito por certo.

     Aínda que toda a celebración foi no exterior, o momento de apagar as candeas tivo que ser dentro da aula porque a brisa non nos permitía que as candeas permaneceran acendidas. Pero polo demais pasamos gran parte da xornada fóra á sombriña das árbores e cunha temperatura ben agradable.







   Despois de cantarlle a Hugo o "Cumpleanos feliz", chegou o momento de degustar as galletas que tanto lles gustan ás pementeiras e pementeiros e a continuación xa fixemos o círculo dos eloxios.













    Para empezar co "Círculo dos Eloxios", eu díxenlle a Hugo todo o que me gusta de el, e a continuación xa as súas compañeiras/os lle dirixiron os seus comentarios cargados de positivismo.
   -Hugo, unha cousa que me gusta moito de ti é que, pouco a pouco, fostes collendo confianza e cada día me demostras que che gusta aprender, que me escoitas, que recordas moita información; sempre particpas nas asambleas, respondes a moitas preguntas e non berras, estás tranquilo na aula, non te enfadas e non subes a voz. Vexo que te esforzas nas tarefas e que tes ganas de superarte e iso está moi ben. Gústame ver como avanzas e como disfrutas co que facemos no cole.
   - Gústame como fas as posturas de ioga e cando xogas comigo no patio.
   -Gústame como repasas con rotus e que estás tranquilo en clase.
  - Gústame verte activo no patio, xogando, quero que sexas o meu amigo e xogues comigo.
   -Gústame como compartes e eres bo compañeiro.
   -Gústame que escoitas á profe Teté e aprendes moitas cousas, e eres moi pacífico.
   - Gústame que respondas ás preguntas e fas moi ben as tarefas.
   - Eres un bo amigo, gústame xogar contigo e quérote moito.
   -Gústame como fas ximnasia e como repasas con rotus de cores.













     Como estivo un día estupendo pasámolo xenial xogando no patio e o mellor de todo é que pasamos un bo rato con xogos grupais nos que empregamos normas e respectamos turnos. Houbo moitas risas, moita carreira e algunha que outra caída. Pero o máis importante foi cooperar, compartir e disfrutar a tope.







1 comentario:

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...