Hoxe é un día importante para a nosa lingua e as nosas letras. Na Pementeira estivemos traballando durante toda a semana diferentes contidos relacionados con esta conmemoración. Reflexionamos sobre a riqueza que supón coñecer diferentes linguas e a sorte que temos de coñecer, falar e comprender facilmente dúas linguas o cal nos permite achegarnos a distintos referentes culturais e ampliar a nosa visión do mundo. Pero como sabemos que é difícil escapar da presencia predominante doutras linguas no noso día a día, hoxe queremos darlle ao galego o seu lugar e recordar a toda esa xente, especialmente escritores/as, que defendeu o emprego do galego en todos os ámbitos da vida cotiá. As linguas son vehículos de expresión, comunicación e transmisión cultural. Ninguha lingua debería ser menospreciada, nin prohibida, nin relegada a un uso minoritario. Axudemos aos nenos e nenas a respetar todas as linguas e a amar a nosa propia.
Para introducir o tema falamos de xeito sinxelo da situación que atravesou o galego ao longo da historia e propuxen como reto averiguar a quen se adicaba este ano o Día das Letras Galegas.
Escoitamos aos nenos e nenas do CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras cantando o fermoso poema de Florencio Delgado.
E con todo aínda fixemos un buratiño de tempo para practicar ioga e traballar uns ritmos que nos resultaron moi divertidos e nos fixeron rir xuntos que sempre nos ven moi ben.
¡Qué bien bailan est@s pementeir@s al son de la música gallega! ¡Vinieron emocionados!👏👏
ResponderEliminar