jueves, 12 de mayo de 2022

CONCERTO DE PAKOLAS. LONG LIVE ROCK´N´ROLL

     Onte tivemos unha xornada chea de ritmo co rock and roll de Pakolas que nos fixo viaxar na súa máquina do tempo ata a época dos cavernícolas,  o reinado de Ramsés II en Exipto e mesmo o Renacemento onde triunfaba o noso admirado Leonardo da Vinci. Eu non sei se o que vos contarían os nenos e nenas na casa pero pouco teño que escribir nesta publicación de hoxe, porque vendo as fotos e os vídeos penso que queda claro que Pakolas sabe animar ao público infantil, o seu ritmo e a súa guitarra eléctrica encheron o auditorio da Fundación Camilo José Cela de boas vibracións e enerxía positiva. Houbo emoción, risas, berros, bailes, brincos e desenfreno total. Para todo hai que ter momentos na vida.
























































       E para rematar tivemos a sorte de que Laura Romero, a ilustradora que estivo con Pakolas, regalounos  o debuxo que fixo durante o concerto, para colocar no cole. ¡Qué sorte porque é moi chulo!

                                    

    E ao marchar vimos a Camilo José Cela e un fermoso coche antigo que molaba moito.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO

    Chegou o remate do curso 2024-25 e do 2º ciclo de Educación Infantil para estes nenos e nenas que compartiron tres anos na Pementeira. A...