Onte, martes 24, tivemos a oportunidade de visitar na biblioteca do centro unha pequena feira do libro na que aproveitamos para mercar algún exemplar que pasou a enriquecer a nosa biblioteca de aula. A estes pementeiros e pementeiras xa lles encanta o simple feito de facer algo diferente e saír da aula, e subiron ao segundo andar do cole coa mesma ilusión coa que van de excursión. Estiveron mirando os libros expostos con interese e con ganas de mercalos todos, pero finalmente eliximos 5 e algúns nenos e nenas xa lle botaron o ollo a outros e foron mercalos con mamá e papá pola tarde.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
miércoles, 25 de mayo de 2022
FEIRA DO LIBRO, IOGA, PIZARRA NOVA E LIBRO VIAXEIRO
Despois, cando regresamos á aula levamos unha sorpresa porque tíñamos colocada a nosa nova pizarra de rotus e magnética e xa a estrenamos cuns debuxos.
O venres tivemos a nosa sesión semanal de ioga e estivemos facendo tres tipos de plancha, frontal, lateral e invertida. Son posicións que requiren esforzo, concentración e atención, hai que colocarse ben, manter o estiramento das extremidades e do torso, manter o equilibrio e ter forza nos brazos, nas pernas e nos músculos abdominais. Teño que dicir que houbo nenos e nenas que lograron unhas posturas casi perfectas. Costa traballo pero a satisfacción cando se logra algo difícil tamén é máis grande.
Hoxe a encargada, Clara Torreira, levou a casa un pequeno libriño coas rimas dos ríos que estivemos traballando (e coas que elaboramos un vídeo que agora atmén está colgado na páxina web do centro). Mañán xa o traerá de volta para que o poida levar o seguinte encargado/a e vos poida recitar ese versiños coas imos coñecendo algúns ríos e algunhas curiosidades dos mesmos.
¡Mirade que contenta vai Clara! Esperemos que todas/os vaian os próximos días así de felices tamén.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
IOGA, XOGOS, RETOS E MOITA DIVERSIÓN
Fai xa tempo que non mostro os avances que imos facendo nas sesións de ioga. Como hai tantas cousas que contar, parece que as rutinas, a...
-
O proxecto Plumas está dando moitas posibilidades de aprender cousas interesantes. Un dos obxectivos deste curso e´sen lugar a dúbidas, ...
-
Hoxe tivemos un día moi especial na Pementeira. Grazas á avoa e á mamá de Carla puxemos en marcha unha experiencia que pode resultar moi i...
-
Un ano máis, seguimos participando no Proxecto Ríos , un programa de educación e voluntariado ambiental promovida por Augas de Galicia ...
Gustounos moito ir á feira do libro.
ResponderEliminarEstan feitos uns ioguistas.
Que ilusión ou libro de viaxeiro. Aquí ou esperamos