miércoles, 25 de mayo de 2022

FEIRA DO LIBRO, IOGA, PIZARRA NOVA E LIBRO VIAXEIRO

     Onte, martes 24, tivemos a oportunidade de visitar na biblioteca do centro unha pequena feira do libro na que aproveitamos para mercar algún exemplar que pasou a enriquecer a nosa biblioteca de aula. A estes pementeiros e pementeiras xa lles encanta o simple feito de facer algo diferente e saír da aula, e subiron ao segundo andar do cole coa mesma ilusión coa que van de excursión. Estiveron mirando os libros expostos con interese e con ganas de mercalos todos, pero finalmente eliximos 5 e algúns nenos e nenas xa lle botaron o ollo a outros e foron mercalos con mamá e papá pola tarde.

                                     

                                       










       É xenial ver o interese dos máis pequenos por ter libros, por mergullarse nas súas páxinas, escoitar ou ler xa as historias que encerran... Esperemos que nunca perdan ese gusto polos libros e sigan tendo ganas de ler a medida que vaian medrando. Tamén é certo que o noso exemplo é importante e que si nos ven disfrutar coa lectura é máis probable que eles/as sintan ese interese, e si poñemos ao seu alcance libros fermosos e interesantes seguramente desenvolverán un amor polos libros que facilmente se manterá no tempo.

   Despois, cando regresamos á aula levamos unha sorpresa porque tíñamos colocada a nosa nova pizarra de rotus e magnética  e xa a estrenamos cuns debuxos.








   O venres tivemos a nosa sesión semanal de ioga e estivemos facendo tres tipos de plancha, frontal, lateral e invertida. Son posicións que requiren esforzo, concentración e atención, hai que colocarse ben, manter o estiramento das extremidades e do torso, manter o equilibrio e ter forza nos brazos, nas pernas e nos músculos abdominais. Teño que dicir que houbo nenos e nenas que lograron unhas posturas casi perfectas. Costa traballo pero a satisfacción cando se logra algo difícil tamén é máis grande.


























      Hoxe a encargada, Clara Torreira, levou a casa un pequeno libriño coas rimas dos ríos que estivemos traballando (e coas que elaboramos un vídeo que agora atmén está colgado na páxina web do centro).  Mañán xa o traerá de volta para que o poida levar o seguinte encargado/a e vos poida recitar ese versiños coas imos coñecendo algúns ríos e algunhas curiosidades dos mesmos.
     ¡Mirade que contenta vai Clara! Esperemos que todas/os vaian os próximos días así de felices tamén.








1 comentario:

  1. Gustounos moito ir á feira do libro.
    Estan feitos uns ioguistas.

    Que ilusión ou libro de viaxeiro. Aquí ou esperamos

    ResponderEliminar

¡A DORMIR QUE LLUEVE YA!

    Estamos disfrutando moito coas poesías de Gloria Fuertes. Así que onte estivemos gravando unha moi divertida que, ademais, ten moito qu...