jueves, 26 de mayo de 2022

VIAXAMOS Á PREHISTORIA

     Hoxe recibimos unha visita especial no cole que nos levou a viaxar ata a Prehistoria. Se xa con Pakolas fixemos unha viaxe no tempo para comer churrasco de mamut, hoxe escoitamos unha charla sobre como vivían os homes na Idade de Pedra, na dos metais e ata chegamos á época dos romanos. Nina Alvela foinos explicando onde vivían estes homes e mulleres da Prehistoria, díxonos que en Galicia non había covas porque as nosas montañas son de granito, unha pedra moi dura na que non se forman covas. Recordounos que a auga é imprescindible para a vida e que era moi habitual que os asentamentos de poboación estiveran preto dos ríos (tema sobre o que xa faláramos moito na aula) e por iso é habitual atopar restos destes asentamentos nas beiras dos ríos como ocurre no Sar e o Ulla. Contounos como cazaban, como facían ferramentas con pedras, óso e máis tarde con metais, como os romanos viñeron buscando ouro a Galicia e díxonos que en Rianxo apareceu un casco, o casco de Leiro, da Idade de Bronce que é de ouro puro.

    Na biblioteca do cole estivemos todos os nenos e nenas de infantil e algúns de primeiro de Primaria escoitando todas estas explicacións e observando a pantalla na que Nina nos ía mostrando exemplos dos temas que nos ía comentando.
                         





    A continuación baixamos ao patio onde o escultor de Rois, Camilo Seira, no fixo unha demostración práctica de como os homes de Prehistoria fabricaban as súas ferramentas e armas golpeando pedras unhas contra as outras e dándolle as formas que precisaban, para o cal tiveron que practicar moito ata acadar o que buscaban. Tamén nos mostrou como se facían os petroglifos, facendo fendiduras nunha pedra cun punteiro de ferro e unha maza e delineando os debuxos que querían plasmar. Os petroglifos aparecen en moitos lugares de Galicia e de feito preto de aquí, en Campo Lameiro hai unha boa mostra deste tipo de arte rupestre.

























     E, despois, algunhas nenas e nenos se animaron a traballar a pedra intentando facer o seu propio petroglifo e descubriron que non é tan fácil como parece, hai que poñer moita atención, ter forza, ter precisión e moita paciencia sin perder de vista o punteiro e a pedra, claro.











    Foi unha xornada moi interesante. Pero antes de todo isto, xa na aula levábamos moito tempo investigando e aprendendo cousas sobre os ríos, como sabedes. Despois de traballar algunhas cousiñas sobre os ríos de galicia, tamén saímos da nosa comunidade para coñecer outros ríos de gran relevancia histórica. 
     Por exemplo, propuxen un reto, bastante difícil por certo, pero moi interesante: ¿Entre que dous ríos en Asia xurdeu unha importante civilización considerada como a orixe da vida organizada en cidades con agricultura e que tamén empregaban a escritura?
     Insistín moito nalgúns datos como:
     -hai que buscar os nomes destes dous ríos, que están preto un do outro, e entre eles xurdeu esa civilización.
      -eses dous ríos están en Asia.
      -nesa civilización moi, moi antiga, coñecían xa a agricultura xa que a terra na beira deses ríos era moi fértil.
       -tamén empregaban a escritura que consistía en facer marcas cuns paos nunhas plaquiñas de barro.
        - tamén facían xa cerámica para gardar auga ou grans de cereais.
   Pois ben, a pesar de ser un reto complexo, chegaron algúns investigadores/as coa resposta correcta. Os ríos dos que estabamos a falar son o Tigris e o Éufrates e a civilización que xurdeu alí foi Mesopotamia.

   Falamos moito desta civilización, tamén de Exipto que medrou ao carón do río Nilo e doutros ríos que tamén permitiron o nacemento de cidades e civilacións importantes como o río Amarelo na China, o Jordán que fai fronteira entre Jordania e Israel, o Indo na India...














     E tamén investigamos sobre as ferramentas líticas.


















   Como vedes, na Pementeira estamos sempre investigando...

2 comentarios:

  1. Ahora entiendo por qué Mateo dijo un día que comieron churrasco de mamut!! 😂😂
    Cuánto aprenden estos pementerir@s!!👏👏

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bueno, ahí hay mucha historia... o Prehistoria. Después de la canción de Pakolas que nos gustó tanto y la presentación de Nina y Camilo, resulta que les ponen churrasco en el comedor y cuando les pregunté lo que habían comido y me dijeron churrasco, no había otra opción, tenía que ser churrasco de mamut!!!! y se morían de risa cuando se lo decía,😂😂Es que todo encaja!

      Eliminar

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...