lunes, 2 de mayo de 2022

MÚSICA GALEGA E RETOS

      Empezamos o trimestre mergullándonos na música tradicional galega. Coñecemos instrumentos típicos e personalidades relevantes da nosa música.

    Clara Viturro e a súa mamá, Lydia, prepararon unha presentación sobre instrumentos tradicionais galegos que nos gustou moito. Estivémola vendo na clase con moita atención. 


    Tamén disfrutamos escoitando e bailando a Muiñeira de Chantada e observamos como é o traxe tradicional de galega que Icía nos trouxo á aula.  Moitas nenas querían vestirse como Icía pero non me daba tempo de vestilas a todas porque leva un cachiño poñer estas roupas. Pero si temos ocasión, non hai problema. Polo menos disfrutamos contemplando esta obra de arte que é o traxe de galega. Aproveitando que o 29 de abril foi o Día Internacional da danza, bailamos todos xuntos unha muiñeira.


   Seguimos cos nosos retos de investigación. En relación con este tema que estamos traballando, un dos últimos retos foi averiguar qué artista foi a primeira muñer gaiteira que gravou un disco en solitario, tocando a gaita, en España. Ademais, díxenlles que esta gaiteira tiña un apelido que lles ía facer un pouco de graza e que agora estaba vivindo e traballando en New York. Este reto dou moito xogo xa que según a información que cada neno/a recordaba, chegaron varias respostas diferentes coas que, finalmente, coñecemos a tres mulleres gaiteiras importantes.


  Verdadeiramente o que resolveu o reto foi Hugo que descubriu que Cristina Pato foi a primeira gaiteira que gravou un disco en solitario. Pero Lucía, Samuel, Jimena, Mauro, Noa, Carmen López, Triana, Aarón e Teo descubriron que hai máis mulleres gaiteiras, por exemplo, a primeira muller gaiteira coñecida foi Áurea Rodríguez que tocaba cos seus irmáns e tamén se considera a primeira "manager" xa que era ela quen organizaba a contratación dos concertos do grupo; e outra gaiteira moi coñecida no nosos país é Susana Seivane.






¡Parabéns a todos/as os/as investigadores/as!































Aproveito xa esta entrada para poñer aquí outros retos propostos na aula que aínda non compartira.
  1- ¿Cómo se chaman as cunchiñas que empregan en África para facer adornos de todo tipo, pulseiras, colgantes e tamén nos instrumentos musicais como o axatsé/shekeré? A resposta é o CAURI que tamén se empregaba como moeda nunha época xa pasada.

2.- ¿Qué compositor, que nós coñecemos porque xa falamos de el, está de aniversario o 23 de abril, coincidindo co Día do Libro?. A resposta é Sergei Prokofiev que coñecemos porque no primeiro trimestre traballamos a súa obra "Pedro e o Lobo"

                                        
    3.- ¿Cómo se chaman os paxariños que lle limpan os dentes e o corpo (quitándolle os parásitos) aos hipopótamos e cocodrilos? Pois hai variospaxaros, un dos máis coñecidos é o pluvial, pero tamén as jacanas, fochas, aves martelo, polluelas negras africanas...

PARABÉNS A TODAS/OS AS/OS INVESTIGADORES!





No hay comentarios:

Publicar un comentario

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...