Con motivo da celebración do Día do Libro, decidimos facer as nosas recomendacións para aqueles nenos e nenas que teñan ganas de ler. Cada pementeira/o pensou cal é o seu libro favorito e despois de escribir o título fixo un debuxo sobre el. Non me sorprendeu nadiña que o conto máis recomendado sexa Kirikú e a bruxa Karabá porque é unha historia que sempre triunfa e eu teño a sorte de ver as caras dos peques cando llo conto, así que non teño unha mínima dúbida do moito que disfrutan con este pequeno africano. En fin, aquí están as suxerencias destes nenos e nenas.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
miércoles, 27 de abril de 2022
RECOMÉNDOCHE UN LIBRO
E para celebrar o Día do Libro o máis importante é ler, claro, e os pementeiros/as xa están todos rompendo a ler, algúns con moita soltura, outros con maís calma pero todos/as están avanzando moito. Desde o segundo trimestre xa imos lendo palabras soltas, máis ou menos sinxelas, e pouco a pouco algúns xa poden ler frases e textos . Estou moi contenta cos seus progresos e creo que eles/as tamén valoran moito ese pasillos que van dando porque teñen ganas de ler e iso é xenial.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
GALOPÍN, FOLLAS DE OUTONO E IOGA
Non sei se os pementeiros e pementeiras falan na casa de Galopín porque na aula disfrutamos moito con el. É un cabaliño moi viaxeiro que...

-
Chegou o remate do curso 2024-25 e do 2º ciclo de Educación Infantil para estes nenos e nenas que compartiron tres anos na Pementeira. A...
-
Chegou o momento de empezar un novo curso escolar, o 2025/26. E unha vez que os nenos e nenas que habitaban as terras pementeiras mar...
-
A adquisición e mellora da motricidade fina é moi importante na educación infantil. Agora que estamos iniciando rutinas como a de poñer...
No hay comentarios:
Publicar un comentario