martes, 31 de marzo de 2020

MARTES MUSICAL


Johann Sebastian Bach.jpg

      Hoxe martes, imos dedicar a xornada á musica en homenaxe ao gran compositor Johan Sebastian Bach que naceu un 31 de marzo (nalgunhas fontes aparece o 21 de marzo) en Eisenach, na actual Turingia (Alemania).
Ver las imágenes de origen
      Bach é  un compositor que a min me gusta moito e emprego as súas obras en multitude de ocasións no cole. Por exemplo, relaxámonos escoitando "Aire" e repetindo un sinxeliño esquema rítmico (shhh,shh, pa) que nos axuda a percibir o ritmo e a cadencia da melodía e a manter a concentración e a calma. Ese esquema rítmico curiosamente é o mesmo que marcamos, con máis intensidade e velocidade coa canción de Queen "We will rock you" que seguro que todos coñecedes perfectamente.
     Aquí vos deixo un vídeo do violinista David Garret interpretando "Aire" de Bach. Veredes qué beleza de composición, cómo nos relaxa e nos transporta a un lugar cheo de armonía.



     E como estamos adicando o día á música, aquí están Enzo e Icía que se convertiron en auténticos artesáns e fabricaron os seus propios DJEMBÉS. ¡Mirade que chulos! Parabéns chicos por ese traballo espectacular e grazas por recoller a miña proposta. Encántame recibir imaxes das cousiñas que tod@s ides facendo nas vosas casas.

    E agora a ver se vos animades todos a cantar, bailar e marcar ritmos. A miña proposta hoxe é marcar o ritmo da canción KOKOLEOKO (como non, unha canciociña africana). Primeiro podedes escoitar a canción un par de veces para collerlle o ritmo...


   Agora que xa sabedes a canción podedes practicar o ritmo en solitario, eu fágoo co djembé aproveitando que o teño na casa pero vós podedes marcar a pulsación nunha mesa ou en calqueira tambor ou obxecto similar que teñades. Os que fixéchedes un djembé como Enzo e Icía xa estades máis que preparados para tocar.



   E, por último, se alguén se anima a cantar e marcar o ritmo en parella, aquí tedes outro vídeo para completar a proposta musical de hoxe.
    Espero que disfrutedes.

   Por certo, se alguén se anima a enviarme un vídeo  coa vosa interpretación de Kokoleoko, estarei encantadísima de recibilo e compartilo no blog. Recórdovos o meu correo: 
profetetedeinfantil@gmail.com

lunes, 30 de marzo de 2020

EMPEZAMOS A SEMANA CON YOGA

    Hoxe luns temos que poñer o noso copo a tono facendo un pouquiño de yoga. En infantil xa sabemos que os nenos e nenas son uns auténticos expertos, pero para non perder esa capacidade e o interese pois temos que seguir practicando. E como nos toca quedar na casa, mamás e papás reservade uns minutos da mañán ou da tarde para practicar cos peques da casa.
      Pero antes de empezar quero compartir convosco uns traballiños que me enviaron Cristina e Carlota da Sementeira (5 anos A) en relación ás miñas propostas sobre o colibrí e os ríos de Galicia. 
         Cristina debuxou un colibrí con moitas cores...
      E Carlota estivo traballando co seu papá e xuntos elaboraron  unha divertida rima sobre un colibrí e un río que eu non coñecía (agora xa aprendín algo novo) e tamén debuxaron xuntos outro fermoso colibrí...
     O colibrí é un ave moi peculiar. Se queredes coñecer algunhas curiosidades sobre este paxariño podedes ver este vídeo...


    E agora sí, é o momento de estirar os músculos. para empezar podedes escoitar e ver algún dos vídeos que aparecen na columna da dereita do blog dentro do apartado Yoga.

illustration of a beautiful young woman meditating in yoga lotus position
    

A continuación empezamos sentándonos en esvasticásana ou virásana, colcamos as mans diante do peito, pechamos os ollos e repetimos 3 veces OMMMM






  
E agora practicamos as seguintes posturas. Non as fagades correndo, procurade colocarvos ben e despois contar hasta 20 en cada postura antes de apresurarvos a facer outra. A medida que paracticades cada día, podedes aumentar o tempo (contade hasta 30 ou máis)






   
   E podedes xogar todos en familia a ver quen gaña o título de superyogui do día. Só necesitades un dado. Establecedes turnos e cada un tira o dado e según o número que lle toque fará a ASANA ou posición que se indica na seguinte táboa. ¡A ver quen é unmaestro do yoa! Se vos apetece podedes sacar fotos e enviarmas para compartir aquí con todos os compañeiros/as de infantil. ¡A disfrutar!
   Por certo. hoxe 30 de marzo é o aniversario do nacemento do xenial Vincent van Gogh. No lateral da dereita podedes ver unha imaxe dun dos seus moitos autorretratos. Se clicades na imaxe podedes acceder a un conto sobre este magnífico pintor holandés , "Camille y los girasoles"
Pin de TERE para BON DIA😊


viernes, 27 de marzo de 2020

O CONTO DO COLIBRÍ

    Hoxe quero contarvos o conto do colibrí, unha fermosa historia dun pequeno paxariño que nos dá unha lección de vida moi importante, un exemplo de responsabilidade e de solidaridade, unha mostra da importancia de ter uns principios propios que se defendan por encima do que podemos ver que fai a maioría... Un pequeno paxariño que toma unha decisión aínda que ninguén o entenda ou mesmo se rían del. Seguro que moitos de vós xa coñecedes esta historia, de feito cando investigamos sobre África ou cando traballamos sobre Wangari Maathai (Premio Nobel da Paz 2004) tamén soemos contar este relato tan edificante.
    Pois ben, invítovos a ver o vídeo que acabo de gravar (disculpade a miña impericia con esto de contar contos a distancia, pero mirade por onde, estou facendo cousas que me daban moito reparo e vergoña tamén, así que como un colibrí, trato de adaptarme a esta nova situación, e de poñer da miña parte os meus recursos e a miña boa intención para estar un pouco con vos) e a disfrutar con este conto tanto como eu mesmo disfruto.
      Os venres soía contar o conto na Sementeira e hoxe, botando de menos ese momento, conto este conto para todos/as os nenos e nenas que se animen a escoitarme. ¡Espero que vos guste! ¡Vivan os contos! ¡Viva a lectura!





    Agora déixovos aquí tamén o mesmo conto pero narrado por Wangari Maathai en inglés (con subtítulos en español) que o fai mil veces mellor ca min, claro. Así tamén practicades English.

    E como hoxe, 27 de marzo, é o día do teatro podedes representar este conto. ¡Animádevos!
Ver las imágenes de origen Ver las imágenes de origen
    Para rematar esta entrada, se queredes escoitar como cantan os paxariños, puxen un enlace na columna na dereita, no apartado ENLACES INTERESANTES, co epígrafe PAXAROS, no que accededes a unha páxina que vos permite clicar sore cada paxaro para escoitar o seu canto.


miércoles, 25 de marzo de 2020

HOXE FALAMOS DE RÍOS

      Pois sí, hoxe imos falar de ríos. ¿Cantos ríos de Galicia coñecedes?. Pois para achegarnos un pouquiño a ese mundo fluvial galego estou preparando un libriño de rimas cos principais ríos de Galicia. En principio serán nove pero podemos amplialo. Aquí vos deixo as  nove rimas acompañadas de nove imaxes que como veredes son unas acuareliñas (para darlle un toque artístico ao libro) e nove fichas informativas. As rimas estaban empezando a escribilas os nenos e nenas da Sementeira (5 anos A) e a miña intención era que tamén participaran na escritura os da aula Pequenos Peregrinos (5 anos B). Así que cando volvamos ao cole seguiremos traballando.

O UMIA EN PONTE ARNELAS
É MÁXICO SEGÚN AS LENDAS
PERO HAI QUE MANTELO LIMPO
SE QUEREMOS PEIXES VIVOS.



QUE FERMOSO É O MANDEO
REFLEXANDO O AZUL DO CEO!
A BETANZOS IMOS LIXEIROS
NAVEGANDO NOS CANEIROS.



SEMPRE QUE VAS A PADRÓN
E PASEAS POLO ESPOLÓN
COMPRENDES POR QUÉ ROSALÍA
POLO SAR SENTÍA MORRIÑA.

                                       




ANTONTE EN PONTE MACEIRA
VOABA UNHA LAVANDEIRA
E NA BEIRA DO RÍO TAMBRE
PASEABA MOI ELEGANTE.



RÍO XALLAS MAXESTUOSO
BRÚA FORTE, IMPETUOSO
CANDO SALTA NA FERVENZA
SALPICANDO AUGA FRESCA.



POLAS FRAGAS DO RÍO EUME
UNHA COUSA SORPRENDEUME
ESCOITEI CANTAR UN XILGUEIRO
NO MOSTEIRO DE CAAVEIRO


BAIXABA POLO RÍO LÉREZ
A TROITA MARUXA PÉREZ
E PASOU POR PONTEVEDRA
SALTANDO DE PEDRA EN PEDRA





RÍO MIÑO, RÍO MIÑO
VAI BAIXANDO PASENIÑO
POLAS MONTAÑAS E O VAL
DE GALICIA A PORTUGAL.




 SE CHE GUSTA A AVENTURA

VEN FACER RAFTING NO ULLA

CON FORZA TERÁS QUE REMAR

SE NON QUERES NAUFRAGAR.



   E agora chegan as propostas de traballo para quen teña ganas, vale? Trátase de facer algo para disfrutar, pasar o tempo e aprender tamén. Así que, veña, animádevos a participar. Propóñovos as seguintes tarefas, podedes elixir unha ou facer varias, o interesante é que participen os nenos pero se as mamás e os papás, ou os irmáns maiores as queren facer tamén, pois xenial:
  •  Facer un debuxo (lápices, rotus, acuarelas, témperas, ceras...) ou collage (papeis, plasti...) dun río.
  • Inventar unha rima nova dun río galego que non aparezca nesta entrada.
  • Memorizar algunha das rimas e gravalas. 
  • Buscar imaxes dos ríos, dos lugares polos que pasa...
  • ¿Sabedes cómo son os xilgueiros ou as lavandeiras? Buscade imaxes.
  • ¿Coñecedes algunha lenda sobre o río Umia e Ponte Arnelas? Buscádeas...
  • ¿Sabedes o que son os Caneiros? Investigádeo



Todos os que queirades particpar nestas propostas podedes enviar ao meu correo electrónico todos os vosos traballos (debuxos, audios, investigacións...)

profetetedeinfantil@gmail.com

Eu podo colgalos nunha nova entrada no blog ou ben facer unha montaxe en vídeo. ¡Animádevos! Estarei esperando as vosas aportacións. 
Coidádevos e ... ¡a facer cousiñas interesantes e divertidas!




martes, 24 de marzo de 2020

RIMAS ARBÓREAS


  Na aula Baobab traballamos moito música e coa poesía. Ambas gardan estreita relación desde a antigüedade. Cando lemos unha poesía percibimos que o acento, o número de sílabas e os fonemas das palabras danlle unha sonoridade especial, un ritmo, unha rima e unha musicalidade. Na música, a duración das notas, a pulsación e o ritmo transmiten emocións similares ás que podemos sentir cun relato. A poesía e a música son como dúas caras da mesma moeda; podemos poñerlle música a un poema ou escribir un poema para unha melodía. Por eso como traballamos o pulso, o ritmo e os obstinatos en música, tamén empezamos a marcar o ritmo dos poemas con palmas ou cos pes, por exemplo, como se lle puxéramos música. E de aí pasamos a xogar coas rimas dos nosos nomes. Así que decidimos facer un libro de rimas “personalizado” e, como o noso proxecto anual é ARBORETUM, pareceunos adecuado que eses pequenos poemiñas estiveran relacionados coas  árbores de maneira que poidamos aprender, tamén, algunhas cousiñas sobre eles. 
   Na casa podedes facer múltiples actividades con este material. Aquí vos deixo algunhas suxerencias:
  • “xogar” xuntos a crear novas rima cos nomes de mamá, papá ou dos irmáns
  • marcar o ritmo de cada poema
  • poñerlle música ou asociar cada árbore cun sonido
  • crear un paso de baile para cada rima
  • poñer voces diferentes, susurrar ou berrar 
  • buscar información sobre as árbores: onde viven, cómo son as súas follas ou frutos, canto miden… 
  • debuxar a árbore que máis vos gusta
  • buscar imaxes dos paxaros ou outros animais que aparecen nalgunhas rimas
  • facer paxaros de papel
  • facer un memory de árbores 
  • facer un xogo de asociación árbore/folla
Resultado de imagen de memory de árboles
Resultado de imagen de memory de árboles
   Resultado de imagen de memory de árboles
Resultado de imagen de memory de árboles
    A maioría de vos xa víchedes o libro na casa pero aquí vos deixo os vídeos e os libros en PDF (que tamén están na web do cole no apartado de VOZ NATURA) por si queredes empregalos estes días.
Espero que disfrutedes coas rimas e vos animedes a crear outras novas. É unha maneira divertida de aprender vocabulario e moitas outras cosas.



lunes, 23 de marzo de 2020

EMPEZAMOS CON MÚSICA AFRICANA

    Despois dos saúdos previos, comezamos cun pouquiño de música que sempre axuda a estar activos, alegres, positivos e creativos. Como moitos de vos sabedes, na Aula Baobab estivemos coñecendo algúns instrumentos africanos, concretamente: o DEJEMBÉ, o BALAFÓN, o DUNDÚN e a KORÁ.
    Os tres primeiros son instrumentos de percusión e o cuarto é un instrumento de corda.


Resultado de imagen de djembéResultado de imagen de balafonResultado de imagen de dundún instrumento                Resultado de imagen de korá instrumento

    Aquí vos deixo unha presentación en Glogster que preparei xa fai uns anos por si estades aburridos e queredes botarlle un ollo. Tamén aparecen os vídeos os nenos e nenas de infantil de 3, 4 e 5 anos que fixemos tocando estes instrumentos no cole e cantando e bailando "Olelé, Molibá Makassi" que lles gusta moito a todos. Pode ser que algúns de vós xa vírades os vídeos  porque xa volos mostraran as titoras de cada aula, pero agora xa quedan aquí por si vos apetece velos (de novo ou por primeira vez) cos peques na casa.









 E agora como tarefa para hoxe, podedes bailar en familia "Olelé, molibá makassi" ou tocar algún instrumento musical que teñades, ou fabriquedes para a ocasión.

COLE EN CUARENTENA

    Estamos vivindo unha situación insólita e xa que non podemos ir ao cole, trataremos de aproveitar o tempo na casa dun xeito lúdico e tamén productivo que, en definitiva, é o que facemos dentro das aulas ou o que intentamos facer).
   Eu son das que penso que estes días deberían servirnos para reflexionar moito sobre as nosas vidas e para facer todo tipo de actividades que nos axuden a sentirnos ben, a relaxarnos, a manternos activos física e mentalmente e a superar esta situación tan atípica como mellor poidamos cada un de nós.
  Espero que todas as familias do cole teñades a fortuna de poder estar reunidas na medida do posible e que estedes sans que agora é o máis importante. Así que si este blog vos axuda nestes días, iso xa éunha cousa fantástica. Non se trata de acadar obxectivos, de convertir as casas en escolas, e de que as mamás e papás se teñan que convertir en maestros e maestras (con todo  que xa terán encima deles, verdade?)... trátase de recoller ideas, e mesmo de propoñelas, de aproveitar para recordar cousas aprendidas, de falar sobre temas interesantes, de investigar xuntos, de ler contos fermosos e poemas que nos emocionen, de cantar e bailar, de pintar e escribir cartas ou historias, de ver as pelis que nos gustan ou crear a nosa propia peli... ¡Cantas oportunidades nos está dando este coronavirus! ¡Non desaproveitemos esta lección de vida!
   En fin, eu irei publicando cousiñas para non esquecer o que estabamos a traballar no cole coa pretensión de que vos axuden a pasar estes tempos de confinamento e estarei encantada de recibir os vosos comentarios, opinións, ideas, propostas ou emocións a través do propio blog o do correo electrónico (en caso de que queirades facer calqueira tipo de consulta de xeito máis personal): 

profetetedeinfantil@gmail.com

Resultado de imagen de frases de superación cortas
No hay ninguna descripción de la foto disponible.

KILIMANJARO

    Viaxando por África chegamos á montaña máis alta de todo o continente que se atopa en Tanzania: o Kilimanjaro, un volcán de máis de 5.00...