Pois sí, hoxe imos falar de ríos. ¿Cantos ríos de Galicia coñecedes?. Pois para achegarnos un pouquiño a ese mundo fluvial galego estou preparando un libriño de rimas cos principais ríos de Galicia. En principio serán nove pero podemos amplialo. Aquí vos deixo as nove rimas acompañadas de nove imaxes que como veredes son unas acuareliñas (para darlle un toque artístico ao libro) e nove fichas informativas. As rimas estaban empezando a escribilas os nenos e nenas da Sementeira (5 anos A) e a miña intención era que tamén participaran na escritura os da aula Pequenos Peregrinos (5 anos B). Así que cando volvamos ao cole seguiremos traballando.
O UMIA EN PONTE ARNELAS
É MÁXICO SEGÚN AS LENDAS
PERO HAI QUE MANTELO LIMPO
SE QUEREMOS PEIXES VIVOS.
QUE FERMOSO É O MANDEO
REFLEXANDO O AZUL DO CEO!
A BETANZOS IMOS LIXEIROS
NAVEGANDO NOS CANEIROS.
SEMPRE QUE VAS A PADRÓN
E PASEAS POLO ESPOLÓN
COMPRENDES POR QUÉ ROSALÍA
POLO SAR SENTÍA MORRIÑA.
ANTONTE EN PONTE MACEIRA
VOABA UNHA LAVANDEIRA
E NA BEIRA DO RÍO TAMBRE
PASEABA MOI ELEGANTE.
RÍO XALLAS MAXESTUOSO
BRÚA FORTE, IMPETUOSO
CANDO SALTA NA FERVENZA
SALPICANDO AUGA FRESCA.
POLAS FRAGAS DO RÍO EUME
UNHA COUSA SORPRENDEUME
ESCOITEI CANTAR UN XILGUEIRO
NO MOSTEIRO DE CAAVEIRO
BAIXABA POLO RÍO LÉREZ
A TROITA MARUXA PÉREZ
E PASOU POR PONTEVEDRA
SALTANDO DE PEDRA EN PEDRA
RÍO MIÑO, RÍO MIÑO
VAI BAIXANDO PASENIÑO
POLAS MONTAÑAS E O VAL
DE GALICIA A PORTUGAL.
SE CHE GUSTA A AVENTURA
VEN FACER RAFTING NO ULLA
CON FORZA TERÁS QUE REMAR
SE NON QUERES NAUFRAGAR.
E agora chegan as propostas de traballo para quen teña ganas, vale? Trátase de facer algo para disfrutar, pasar o tempo e aprender tamén. Así que, veña, animádevos a participar. Propóñovos as seguintes tarefas, podedes elixir unha ou facer varias, o interesante é que participen os nenos pero se as mamás e os papás, ou os irmáns maiores as queren facer tamén, pois xenial:
- Facer un debuxo (lápices, rotus, acuarelas, témperas, ceras...) ou collage (papeis, plasti...) dun río.
- Inventar unha rima nova dun río galego que non aparezca nesta entrada.
- Memorizar algunha das rimas e gravalas.
- Buscar imaxes dos ríos, dos lugares polos que pasa...
- ¿Sabedes cómo son os xilgueiros ou as lavandeiras? Buscade imaxes.
- ¿Coñecedes algunha lenda sobre o río Umia e Ponte Arnelas? Buscádeas...
- ¿Sabedes o que son os Caneiros? Investigádeo
Todos os que queirades particpar nestas propostas podedes enviar ao meu correo electrónico todos os vosos traballos (debuxos, audios, investigacións...)
profetetedeinfantil@gmail.com
Eu podo colgalos nunha nova entrada no blog ou ben facer unha montaxe en vídeo. ¡Animádevos! Estarei esperando as vosas aportacións.
Coidádevos e ... ¡a facer cousiñas interesantes e divertidas!
Nos encanta tu propuesta!!! Nos pondremos manos a la obra👏🏼👏🏼👏🏼
ResponderEliminarXenial!!!! Espero con ilusión o que me ides aportar. Desexando velo e compartilo no blog! Grazaaaaaaaas!
EliminarQue bo tema para coñecer e explorar o que nos rodea!!!
ResponderEliminarPois veña! a participar!a ver se recibo gravacións coas rimas, ou algunha nova, ou debuxiños! xa teño ganas de velos! Perosólo se admiten cousas que se fixeran con diversión e alegría, jajajaja.
EliminarQue artistas temos na sementeira, seguro que mais dun se anima!!!🤩
ResponderEliminarClaro que sí, seguro que alguén se anima. Todas as aportacións serán recibidas con moita alegría. Espero que disfrutedes facendo algunha cousiña!
EliminarGenial,nos animamos!!
ResponderEliminarPor aquí ya están empezando a dar ideas.
Un saludo
fantásticoooooo! Estou esperando con emoción! Grazas chiscos por visitar o blog e anmarvos a facer cousiñas xuntos na distancia. Coidádevos e a darlle novas perspectivas ás nosas vidas. Bicos!
EliminarPor aquí xa investigamos e papá falounos dunn río que coñece que nós non sabíamos, xa che contaremos😉🤔
ResponderEliminarBravoooooooo! Aquí estou esperandoooooo!!!!
EliminarIdea xenial. As rimas son preciosas e sempre funcionan. Aos nenos e nenas encantanlles. E a ti saenche de medo.
ResponderEliminarCada vez que pasamos preto do Xallas (no veran algunha vez) Marcos acordase de Lupiña. E non deilla de recordarnos: "Lupa, Lupiña que non eres unha troita, eres unha sardiña" Ja, ja.
OHHHH! qué alegría me das. Facer o conto de Lupiña foi moi divertido e a verdade é que se rían moito con él. Igual nestes días de confinamento podemos grabalo e facer un vídeo ou algo así. Xa che direi, si Marcos se anima pode grabar algún párrafo ou facer a voz dalgunha das personaxes....
Eliminar