Despois dos saúdos previos, comezamos cun pouquiño de música que sempre axuda a estar activos, alegres, positivos e creativos. Como moitos de vos sabedes, na Aula Baobab estivemos coñecendo algúns instrumentos africanos, concretamente: o DEJEMBÉ, o BALAFÓN, o DUNDÚN e a KORÁ.
Os tres primeiros son instrumentos de percusión e o cuarto é un instrumento de corda.
Aquí vos deixo unha presentación en Glogster que preparei xa fai uns anos por si estades aburridos e queredes botarlle un ollo. Tamén aparecen os vídeos os nenos e nenas de infantil de 3, 4 e 5 anos que fixemos tocando estes instrumentos no cole e cantando e bailando "Olelé, Molibá Makassi" que lles gusta moito a todos. Pode ser que algúns de vós xa vírades os vídeos porque xa volos mostraran as titoras de cada aula, pero agora xa quedan aquí por si vos apetece velos (de novo ou por primeira vez) cos peques na casa.
E agora como tarefa para hoxe, podedes bailar en familia "Olelé, molibá makassi" ou tocar algún instrumento musical que teñades, ou fabriquedes para a ocasión.
Ohhh moitas gracias!!!
ResponderEliminarAhora entendo que Icía xa fai tempo andaba a cantar olelé!!! E deciame bailamos así no cole e cantaba mais baixiño , e outra vez olelé👏👏👏👏😂🤣🤣🤣😂. Moitas graciassss
Grazas a vos por visitar tan rápido e con tanto entusiasmo este novo blog da cuarentena. Intentarei que sexa divertido para compartir cousiñas nestes ías de confinamento. Xa vos pedirei cousiñas que vos fagades para compartilas aquí tamén. Bicos
EliminarNon sei engadir fotos senon poñia unha dunha Kalimba e un djembé que temos na casa. Regalo para Rita cando estiverades co proxecto de África. Entaba emocionadísima coa música africana. Que bonitos recordos daqueles anos
ResponderEliminarPili, que ben que sigas visitando estas cousas. Seguro que empregarei algunha das cousas que fixen cos grupos anteriores para ir dándolle vida a este novo blog. O glogster xa é antigo e seguro que nalgún dos recursos que comparta aparecerán Rita ou Marcos. Grazas pola visita. Bico
EliminarQue maravilla os nenos.
ResponderEliminarGracias Teté
Que guai, nós ca a coñeciamos Carlota cantaa moito e tamén fai o baile pero así vémolo millor, empezamos a practicar entón🤔😉😘
ResponderEliminarola, grazas por visitar o blog, espero que vos entreteña e vos aporte algún que outro recurso para encher estes días tan especiais. Sei que as familias estades demostrando ser moi creativas cos peques, así que pouco vos poderei aportar pero irei poñendo actividades que xa fixemos no cole e propoñendo algunhas novas só como suxerencia e co afán de manter un contacto cos nenos/as e con vós tamén. Grazas de verdade por visitar o blog. Bicos e a coidarse moito.
EliminarOhhhhh! sempre a emprego en Infantil porque non coñezo neno ou nena que non se "enganche" a Olelé. De feito eu moitas veces me descubro cantándoa mentres estou concentrada con outras cousas, ten un ritmo que che envolve e sse che "pega". Que che vou dicir... ¡África! Grazas por visitar o blog.
ResponderEliminar👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼muchas gracias por darnos esta oportunidad de entretenimiento en estos días tan largos!!! Recuerdo olelè de cuando disteis con Aitana "África" nos encanta a todos,ya no podemos dejar de cantarla😂😂
ResponderEliminarZaira, grazas por visitar o blog e espero que realmente sexa un lugar de encontro e entretenimento que todos o necesitamos. Desexo que sexa simplemente eso, un medio de comunicación, de posta en común, un sitio para visitar de cando en vez para botar unha risa, un baile, cantar ou que sexa que nos faga levadeiros estes días. Bicos!
EliminarPaula cantaa seguido e agora poñemola todos en práctica!!! Graciñas por axudarnos a facer esto mais levadeiro!!!!
ResponderEliminarXenial!!!! Cómo me alegro, cantade moito, bailade, pintade e visitade o blog! Gustaríame moito que participárades nas actividades sempre e cando sexa para divertirse e pasar un bo rato. Eu feliz de estar en contacto con vós. Un bico forte para todos, en especial para Paula. Coidádevos e estamos en contacto. Grazas por visitar este lugar de encontro, charlas e aprendizaxes en familia.
Eliminar