Estamos vivindo unha situación insólita e xa que non podemos ir ao cole, trataremos de aproveitar o tempo na casa dun xeito lúdico e tamén productivo que, en definitiva, é o que facemos dentro das aulas ou o que intentamos facer).
Eu son das que penso que estes días deberían servirnos para reflexionar moito sobre as nosas vidas e para facer todo tipo de actividades que nos axuden a sentirnos ben, a relaxarnos, a manternos activos física e mentalmente e a superar esta situación tan atípica como mellor poidamos cada un de nós.
Espero que todas as familias do cole teñades a fortuna de poder estar reunidas na medida do posible e que estedes sans que agora é o máis importante. Así que si este blog vos axuda nestes días, iso xa éunha cousa fantástica. Non se trata de acadar obxectivos, de convertir as casas en escolas, e de que as mamás e papás se teñan que convertir en maestros e maestras (con todo que xa terán encima deles, verdade?)... trátase de recoller ideas, e mesmo de propoñelas, de aproveitar para recordar cousas aprendidas, de falar sobre temas interesantes, de investigar xuntos, de ler contos fermosos e poemas que nos emocionen, de cantar e bailar, de pintar e escribir cartas ou historias, de ver as pelis que nos gustan ou crear a nosa propia peli... ¡Cantas oportunidades nos está dando este coronavirus! ¡Non desaproveitemos esta lección de vida!
En fin, eu irei publicando cousiñas para non esquecer o que estabamos a traballar no cole coa pretensión de que vos axuden a pasar estes tempos de confinamento e estarei encantada de recibir os vosos comentarios, opinións, ideas, propostas ou emocións a través do propio blog o do correo electrónico (en caso de que queirades facer calqueira tipo de consulta de xeito máis personal):
profetetedeinfantil@gmail.com
Ohhhh❤❤gracias proge Teté
ResponderEliminarÉ un pracer de verdade. Pouco podemos aportar desde as casas pero si pasamos un momentiño compartindo cousas que nos divirtan e nos manteñan activos pois todo é máis levadeiro. Supoño que non é fácil ter aos nenos/as na casa así que si podemos axudar de algunha maneira... ¡xenial!!!!!!
Eliminar