lunes, 30 de marzo de 2020

EMPEZAMOS A SEMANA CON YOGA

    Hoxe luns temos que poñer o noso copo a tono facendo un pouquiño de yoga. En infantil xa sabemos que os nenos e nenas son uns auténticos expertos, pero para non perder esa capacidade e o interese pois temos que seguir practicando. E como nos toca quedar na casa, mamás e papás reservade uns minutos da mañán ou da tarde para practicar cos peques da casa.
      Pero antes de empezar quero compartir convosco uns traballiños que me enviaron Cristina e Carlota da Sementeira (5 anos A) en relación ás miñas propostas sobre o colibrí e os ríos de Galicia. 
         Cristina debuxou un colibrí con moitas cores...
      E Carlota estivo traballando co seu papá e xuntos elaboraron  unha divertida rima sobre un colibrí e un río que eu non coñecía (agora xa aprendín algo novo) e tamén debuxaron xuntos outro fermoso colibrí...
     O colibrí é un ave moi peculiar. Se queredes coñecer algunhas curiosidades sobre este paxariño podedes ver este vídeo...


    E agora sí, é o momento de estirar os músculos. para empezar podedes escoitar e ver algún dos vídeos que aparecen na columna da dereita do blog dentro do apartado Yoga.

illustration of a beautiful young woman meditating in yoga lotus position
    

A continuación empezamos sentándonos en esvasticásana ou virásana, colcamos as mans diante do peito, pechamos os ollos e repetimos 3 veces OMMMM






  
E agora practicamos as seguintes posturas. Non as fagades correndo, procurade colocarvos ben e despois contar hasta 20 en cada postura antes de apresurarvos a facer outra. A medida que paracticades cada día, podedes aumentar o tempo (contade hasta 30 ou máis)






   
   E podedes xogar todos en familia a ver quen gaña o título de superyogui do día. Só necesitades un dado. Establecedes turnos e cada un tira o dado e según o número que lle toque fará a ASANA ou posición que se indica na seguinte táboa. ¡A ver quen é unmaestro do yoa! Se vos apetece podedes sacar fotos e enviarmas para compartir aquí con todos os compañeiros/as de infantil. ¡A disfrutar!
   Por certo. hoxe 30 de marzo é o aniversario do nacemento do xenial Vincent van Gogh. No lateral da dereita podedes ver unha imaxe dun dos seus moitos autorretratos. Se clicades na imaxe podedes acceder a un conto sobre este magnífico pintor holandés , "Camille y los girasoles"
Pin de TERE para BON DIA😊


2 comentarios:

  1. Paula fai todolos dias unha sesion de ioga😂😂😂 non podemos acabar o dia sin o seu momento!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois xenial! Cómo boto de menos esas sesións con eles no cole! Mándanos (á profe Ana ou a min) algunha foto das dúas se vos apetece e poñémola no blog. Eu tamén procuro manter unha rutina e facer yoga dúas ou tres veces por semana, aínda que coste un pouquiño empezar despois agradécese moito. Encántaame que os peques vaian achegándose a estas disciplina con tanto entusiasmo. Un bico para Paula!

      Eliminar

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...