viernes, 27 de marzo de 2020

O CONTO DO COLIBRÍ

    Hoxe quero contarvos o conto do colibrí, unha fermosa historia dun pequeno paxariño que nos dá unha lección de vida moi importante, un exemplo de responsabilidade e de solidaridade, unha mostra da importancia de ter uns principios propios que se defendan por encima do que podemos ver que fai a maioría... Un pequeno paxariño que toma unha decisión aínda que ninguén o entenda ou mesmo se rían del. Seguro que moitos de vós xa coñecedes esta historia, de feito cando investigamos sobre África ou cando traballamos sobre Wangari Maathai (Premio Nobel da Paz 2004) tamén soemos contar este relato tan edificante.
    Pois ben, invítovos a ver o vídeo que acabo de gravar (disculpade a miña impericia con esto de contar contos a distancia, pero mirade por onde, estou facendo cousas que me daban moito reparo e vergoña tamén, así que como un colibrí, trato de adaptarme a esta nova situación, e de poñer da miña parte os meus recursos e a miña boa intención para estar un pouco con vos) e a disfrutar con este conto tanto como eu mesmo disfruto.
      Os venres soía contar o conto na Sementeira e hoxe, botando de menos ese momento, conto este conto para todos/as os nenos e nenas que se animen a escoitarme. ¡Espero que vos guste! ¡Vivan os contos! ¡Viva a lectura!





    Agora déixovos aquí tamén o mesmo conto pero narrado por Wangari Maathai en inglés (con subtítulos en español) que o fai mil veces mellor ca min, claro. Así tamén practicades English.

    E como hoxe, 27 de marzo, é o día do teatro podedes representar este conto. ¡Animádevos!
Ver las imágenes de origen Ver las imágenes de origen
    Para rematar esta entrada, se queredes escoitar como cantan os paxariños, puxen un enlace na columna na dereita, no apartado ENLACES INTERESANTES, co epígrafe PAXAROS, no que accededes a unha páxina que vos permite clicar sore cada paxaro para escoitar o seu canto.


8 comentarios:

  1. Un gran exemplo!!! Todos deberiamos ter algo de colibrí!!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois iso está nas nosas mans! E podemos ser colibríes!😊😊😊😘

      Eliminar
  2. Oxalá todos foramos colibrís!!! Precioso conto Teté🥰

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É unha historia fermosísima! e escoitar a Wangari unha marabilla! E claro que todos nós somos colibríes, sei que os peques están poñendo da súa parte `para portarse ben e aguantar dentro de cas, e con este soliño, así que tamén son colibríes!😍😘😘😘

      Eliminar
  3. Que sencilla, que fermosa e canto nós dí!!! Encantounos🤔🤔mañá faremos de colibrís. Grazas!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Todos estes nenos e nenas que están na casa, portándose ben e facendo cousiñas diferentes cada día con bo humor e entusiasmo son auténticos colibríes. Grazas por visitar o blog e por acoller este conto nas vosas familias! Bicooooos!

      Eliminar
  4. Canta razón ten o colibrí e todos deberíamos tomar nota e aprender do colibrí. Gracias Teté por facernos pasar un ratiño agradable aprendendo cousas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É estupendo recibir os vosos comentarios e comprobar que, despois de anos, aínda estamos en contacto e podemos compartir un montón de cousas. Nestes días é importante comunicarse e facelo dun xeito positivo... así que grazas, sempre, a vos.

      Eliminar

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...