Na aula Baobab traballamos moito música e coa poesía. Ambas gardan estreita relación desde a antigüedade. Cando lemos unha poesía percibimos que o acento, o número de
sílabas e os fonemas das palabras danlle unha sonoridade especial, un ritmo, unha rima e unha
musicalidade. Na música, a duración das notas, a pulsación e o ritmo transmiten emocións similares ás que podemos sentir cun relato. A poesía e a música son como dúas caras da
mesma moeda; podemos poñerlle música a un poema ou escribir un poema para unha melodía.
Por eso como traballamos o pulso, o ritmo e os obstinatos en música, tamén empezamos a marcar o ritmo dos poemas con palmas ou cos pes, por exemplo, como se lle puxéramos música. E de aí pasamos a xogar coas rimas dos nosos nomes. Así que decidimos facer un libro de rimas “personalizado” e, como o noso proxecto anual é ARBORETUM, pareceunos adecuado que eses pequenos poemiñas
estiveran relacionados coas árbores de maneira que poidamos aprender, tamén, algunhas cousiñas
sobre eles.
Na casa podedes facer múltiples actividades con este material. Aquí vos deixo algunhas suxerencias:
- “xogar” xuntos a crear novas rima cos nomes de mamá, papá ou dos irmáns
- marcar o ritmo de cada poema
- poñerlle música ou asociar cada árbore cun sonido
- crear un paso de baile para cada rima
- poñer voces diferentes, susurrar ou berrar
- buscar información sobre as árbores: onde viven, cómo son as súas follas ou frutos, canto miden…
- debuxar a árbore que máis vos gusta
- buscar imaxes dos paxaros ou outros animais que aparecen nalgunhas rimas
- facer paxaros de papel
- facer un memory de árbores
- facer un xogo de asociación árbore/folla
Espero que disfrutedes coas rimas e vos animedes a crear outras novas. É unha maneira divertida de
aprender vocabulario e moitas outras cosas.
Que ben o fan, da gusto velos!!!😍
ResponderEliminarFixérono moi ben e o máis importante é que disfrutamos moito con todo o proceso. Grazas por visitar o blog!!!!!. A ver se entre todos podemos facer deste confinamento un tempo de comunicación, de creatividade, de aprendizaxe e de divertimento. Bicos para as dúas peques da casa!
Eliminar