sábado, 22 de febrero de 2025

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

  De cando en vez na Pementeira recibimos visitas interesantes, pero o venres tivemos unha realmente inesperada, alucinante, emocionante, vital e creo que moi pouco frecuente nun aula de educación infantil. Pero iso é o fascinante da Pementeira, a sorte que temos de coñecer xente moi interesante que nos agasalla con experiencias inesquecibles.

   No cole temos un compañeiro que se chama Seira, que está xa en cuarto de primaria e que foi anos atrás un pementeiro. Seira sabe moito de aves, especialmente de aves rapaces, porque ten a sorte de que o seu pai é todo un experto neste tema e soen ter na súa casa aves coas que conviven con naturalidade. Eu pedínlle a Seira se nos viña contar algunha cousiña interesante sobre estes intelixentes animais así todos/as podíamos aprender máis da man deste experto. Seira aceptou a miña invitación e marcamos o día para facer a presentación. A nosa sorte foi que o seu pai, Camilo, tivo a amabilidade de enriquecer esta experiencia traéndonos a mellor sorpresa que podíamos recibir:

UN AGUIA DE HARRIS DE VERDADE!!!!

    Sí, sÍ, un aguia de verdade, viviña e coleando, non unha foto nin un vídeo, non, non, a aguia auténtica! Xa imaxinaredes a emoción na Pementeira!. Ollos abertos de par en par, miradas de interese e, quizá, un pouquiño de medo (ou certa impresión máis que medo realmente), sorrisos amplos, curiosidade e, sen dúbida, o auténtico pracer de contemplar tan preto a beleza deste ave rapaz que nos deixou a todos/as cautivados/as.









  Seira explicounos que este aguia de Harris pertence ao grupo de aves rapaces, é decir que cazan ás súas presas para alimentarse, de feito vese ben que ten un pico forte e unhas garras grandes e moi afiadas, é moi intelixente, aliméntase principalmente de palomas, que lle encantan, e axuda a controlar as plagas de ratas  co cal é un animal que nos fai un favor aos seres humanos, tamén pode comer outros pequenos roedores, lagartiñas. Tamén nos contou que Vista, que así se chama este aguia de Harris, un día estivo a punto de capturar un gatiño para comelo pero que o seu pai, Camilo, espantou rapidamente ao pequeno felino para que escapara. Por iso, díxonos Seira, poñía a vista mirando para nós e non para o avecuncho porque, ao mellor, se ocurría ir a "cazar" algún dos peluches que temos alí. É un ave moi pacífica, sociable... e de feito deixouse tocar tranquilamente. De cando en vez tiña ganas de voar un pouco, lóxicamente, por algo é un ave, non vai estar sentada nun dos equipos pementeiros.
       Cando eu lle preguntei cantos anos pode vivir un aguia de Harris, Seira díxonos que eles tiveron unha que viviu 14 anos.


    Despois Camilo díxonos que Este aguia de Harris, Vista, viña de México e que é un animal que hai que protexer xa que nos axuda moito a manter un equilibrio no ecosistema, así que temos que ter presente que é moi importante coidar o noso entorno, mantelo limpo, baixar os niveis de contaminación porque os seres humanos estamos provocando que moitos animais se extingan. Estas aves están en certo perigo xa que o seu hábitat estase vendo alterado, tamén pola caza e a venta furtiva, por iso deberíamos ser conscientes da importancia de respectar a vida dos nosos compañeiros/as de planeta. É un animal realmente fermoso, moi elegante nos seus movementos, espectacular cando extende as súas ás, cunha mirada penetrante e Camilo, que por certo ademais dun experto cetreiro é un xenial escultor, contounos que a él lle encanta observar ás aves, percibir os seus detalles, como se moven, como viran a cabeza, como mostran a súa plumaxe porque iso lle inspira e lle axuda a facer as súas esculturas.



   E antes de despedirse de nós Camilo e Seira fixéronnos un último agasallo, móstrarnos como voa Vista e non é preciso dicir que foi todo un ESPECTÁCULO!!!!!.



ABRAIADAS E ABRAIADOS QUEDAMOS!!!
    Non sei como agradecerlle a Seira e a Camilo esta experiencia tan bonita, aprendemos moito e, ademais, disfrutamos a tope con eles. Vista vai quedar no noso recordo para sempre. Espero que a volvamos a ver outro día!!!!
GRAZAS MIL; SEIRA E CAMILO!!!

    Despois de despedirnos de Seira e Camilo falamos un pouquiño dalgunhas obras escultóricas de camilo Seira. De feito, cando eu lle fun poñendo exemplos, varios/as pementeiros/as se deron conta de que as coñecían porque as podemos ver no noso entorno próximo cada día.






     E, claro, despois de que nos visite un artista e contemplemos voar un ave rapaz, que apetece facer? Pois obviamente, modelar unha Harris con plastilina. Non podía ser doutra maneira.























           

                       









                                     





   E para rematar, xa sei que non é un aguia de Harris, pero temos outra ave decorando unha das portas de infantil, para recibirnos cun pouco de cor e vitalidade cando cheguemos polas mañáns. O loro de infantil!

   Aproveito para compartir aquí as mandas do Meco, sobre todo polos nenos/as que faltaron ao cole. O luns comenzamos a cumplir estes mandatos entroideiros, na recta final antes do gran día dos disfraces. 


2 comentarios:


  1. Estábamos agardando ansiosamente esta entrada.

    ¡Qué sorte poder ver voar tan perto unha aguia de Harris! Carla chegou o venres, alucinada, encantoulle.
    Moitas grazas e grazas tamén a esta familia por participar e dedicar o seu tempo para que os nenos poidan ver de cerca estas aves e ter a oportunidade de coñecer un pouco máis delas.🤗🦅



    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Qué alegría que o comentaran na casa porque eu sei que estaban emocionados e as expresións das súas caras eran perfectamente transparentes, había admiración por esa fermosa ave, había alegría, sorpresa, entusiasmo, curiosidade, moita atención, respecto (comprendendo que non podíamos alborotar e poñer nerviosa a Vista), interés ... foi un momento magnífico na aula no que tiven a sorte de percibir todo iso nas súas miradas. A verdade é que foi unha sorte que Seira e Camilo nos fixeran ese favor! Alégrame moito que Carla volo comentara e que vós apreciedes estas experiencias. Non sempre é fácil organizar certas actividades nun aula e nós tivemos moita sorte, eu estou moi agradecida e moi feliz por ter vivido esta experiencia cos peques. Pasámolo super ben! Grazas Lidia, unha vez máis, por visitar o blog e deixar o teu comentario!

      Eliminar

EXERCICIOS MOTRICES

  Ultimamente escoitase con frecuencia a palabra CALISTENIA. Seguramente todos/as sabedes o que se refire este término, e quizá moitos/as pr...