O mundo das aves, ademais de ser moi interesante e aportarnos moitas aprendizaxes diferentes, tamén nos anima a realizar obras de arte porque as cores vívidas das súas plumas, a variedade dos peteiros, as elegantes formas das ás... en fin,que hai aves tan fermosas que apetece pintalas e decorar o cole con elas.
Traballando en grupo realizamos un pequeno mural de pingüins emperador. Foi un traballo que nos levou tempo porque para pintar necesitamos calma, concentración, atención, dedicación e paciencia e non sempre atopamos todas esas cousas ao longo do día. Pero finalmente fomos superando obstáculos e logramos o obxectivo.
Precioso o mural.Estaba a pensar xustamente o mesmo transmite paz o míralo. O pavo real non teño nada que dicir 🔝🔝. Sodes uns artistas👏👏🎨
ResponderEliminarA min encantaríame contaxiarlles o meu amor pola pintura e facerlles comprender que con paciencia, calma e interés podemos facer cousas fermosas e interesantes. Polo menos dixéronme que lles gustara moito como quedou e iso é bo sinal!
Eliminar