O xoves 30 de xaneiro houbo moita festa na Pementeira, por unha banda conmemoramos o Día da Paz e por outra celebramos o aniversario de África que xa ten 6 anos!
Empezamos polo aniversario de África que despois duns días maliña xa tiña ganas de convidar aos seus amigos e amigas a unhas galletas deliciosas e personalizadas co seu nome. Apagou as candeas, escoitou a canción que lle adicaron os compañeiros/as de aula e repartiu as galletas.
E, ademais do cumple, o xoves celebramos o Día da Paz que sempre traballamos con contos interesantes que nos fan pensar. Algúns exemplos que temos na aula e que, de cando en vez, lemos (non só o Día da Paz) son os seguintes:
É importante recordar que o 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz e a Non Violencia homenaxeando a Mahatma Gandhi, asesinado un 30 de xaneiro. Gandhi foi un gran defensor da liberdade da India frente ás inxusticias e abusos do poder colonial do Imperio Británico. A súa maneira de loitar foi mediante a desobediencia civil pacífica. Era un gran defensor da non violencia. Unha das súas accións máis significativas foi a "Marcha do sal" en 1930 en protesta polos impostos excesivos que os británicos lles impoñían sobre o sal que, para máis inri, extraían alí mesmo no Océano Índico.
Todo isto levounos a falar da importancia que tivo o sal aolongo da Historia, tanto para conservar alimentos como para usos rituais. Os romanos, por exemplo, pagaban aos seus soldados con sal e de aí deriva a palabra salario, que aínda empregamos na actualidade.
Así que fixemos un pequeno experimento reflexionando sobre onde podemos atopar sal e como facemos para extraela. Para algúns paraceía claro que o sal estaba no mar e nalgúns lagos como o Lago Retba en Senegal, pero xa o de extraela de aí non parecía tan claro, así que fixemos un pequeno experimento na aula e vimos na nosa pantalla como son as salinas.
Parece imposible sacar o sal da auga. De feito, non podemos ver o sal disolto na auga, pero sí podemos notar o seu sabor.
A continuación estivemos vendo como son as salinas e como se extrae o sal.
Como vedes, un tema vai levando a outro e , na Pementeira" sempre temos cousas sobre as que falar e investigar, porque relacionar conceptos e moi importante para as aprendizaxes. E o Día da Paz non é só pintar un debuxo ou cantar unha canción un día, o Día da Paz implica reflexionar sobre moitos temas e sacar conclusións sobre a importancia do respecto á dignidade humana e xerar pensamentos activos que provoquen conflictos de valores e que sembren sementes para o futuro.
E xa o día 30 lemos a poesía de Nicolás Guillén "La muralla" e reflexionamos sobre ela, captando o seu sentido, explicando os símbolos que conten esacando conclusións sobre o que autor quería dicir. É un poema fermoso, con moito contido e cunha mensaxe importante sobre a importancia de unirnos todos, sin ter en conta a nosa raza, para erradicar o mal do noso mundo.
Unha das versións musicais máis coñecidas deste poema é a cantada por Ana Belén e Víctor Manuel que nos serviu para unirnos todos e todas no patio do cole para celebrar este día. Na aula tamén elaboramos uns colgantes sinxeliños para lucilos neste acto común.
No hay comentarios:
Publicar un comentario