jueves, 6 de febrero de 2025

AVIFAUNA , HORTA E UN SUPERHEROE DA SOLIDARIEDADE

     O luns tivemos unha interesante presentación na Pementeira xa que Irea tivo a gran sorte de visitar Avifauna (https://www.avifauna.net/) un Parque Ornitolóxico que se encontra en Lugo e trouxo moitas fotos e anécdotas divertidas. Puxemos as imaxes na pantalla e ela foinos explicando as aves que viros e como mamá lle sacaba sempre unha foto ao cartel explicativo e despois ao paxaro. A verdade é que viron aves moi interesantes e moi fermosas, algunhas moi coñecidas, outras con características máis peculiares, un ibis escarlata, un pavo real branco, guacamayos de cores brillantes, un pavo real que parecía que ía desplegar a cola pero en realidade estaba despiollándose, un aguia que lle quería peteirar o dedo, un buitre leonado, un bufo, uns paxariños que lle repetían todo... En fin, que nos encantou escoitar a Irea e ver esas imaxes. Qué fantástica experiencia e que actividade tan interesante para todos os nenos e nenas en xeral, e para  este grupiño que está tan mergullado no Proxecto Plumas.























GRAZAS, IREA, POR CONTARNOS TANTAS COUSAS!

   A ver se algunha outra pementeira, ou pementeiro, se animan a visitar Avifauna e traer novas historias para os amiguetes!

    E onte mércores tamén tivemos unha actividade moi divertida: visitar a horta e plantar algunhas verduriñas!
      Tanto o profe José María como Jose, de Mans Unidas, estiveron explicándonos moitas cousas sobre as plantas, mostráronnos como son as raíces (por onde as plantas absorven auga e nutrientes), explicáronnos que as follas son as partes das plantas que normalmente comemos pero tamén podemos comer a flor, como no caso da coliflor, ou as sementes como por exemplo as noces, améndoas e cacahuetes. 
      A continuación fomos plantar repolo. Había dous tipos de repolo, de folla lisa e de folla rizada (kale). Para plantar tivemos que traballar en equipo, facer buratiños na terra, colocar a plantiña, tapar o burato, botar abono... 
    Jose tamén recordounos o importantes que son as miñocas para a terra. Xa faláramos deste tema o curso pasado, concretamente falando do Río Nilo e do fértil que era Exipto grazas ás crecidas deste río, explicamos que o feito de que alí houbese moitas miñocas facía que o solo fose aínda máis fértil xa que fan túneles polos que circula o aire e a auga pero, máis importante aínda, fabrican o humus de lombriz (comen restos orgánicos e mesmo metais que haxa no terreo e expúlsanos convertidos nese humus que abona a terra). Pero teño que dicir que os pementeiros/as non parecían recordalo, así que a visita de Jose serviunos para repasar contidos dos que falamos noutros momentos. 
    Tamén vimos bichos bola e ata unha araña saltadora. Jose contounos que todos os bichiños que vemos pola terra son moi importantes e nos indican que o solo está san e é fértil e que non debemos matalos. Outra cousa que nos contou é que o camelio é unha planta da familia do té, fixádevos qué curioso!

























































           
 

           
                  

                    































    Por último xa, hoxe xoves para poñer un peche á actividade da horta que organiza a ONG Manos Unidas, recibimos na Pementeira a Miriam, acompañada de SuperPepo, que nos viñeron contar unha historia moi interesante sobre valores como a solidariedade, a xenerosidade, a xustiza, a empatía, a resolución de conflictos... Superpepo trouxo moitas pegatinas, papeis máxicos con sementes no seu interior, historias cheas de ensinanzas de nenos e nenas de África (Congo) e Latinoamérica (Ecuador), preguntas interesantes que nos fixeron pensar e ata un espello máxico no que si conseguías verte reflexado poderías convertirte nun superheroe ou nunha superheroína.
    Encantounos a visita de Miriam e de SuperPepo. Agora a ver se conseguimos nós ser auténticos superheroes da SOLIDARIEDADE e se desenvolvemos os superpoderes de ter imaxinación para poder voar, saber escoitar, decir sempre a verdade, poder ver cando alguén nos necesita e axudar aos demais.




































































                                       



1 comentario:

  1. Que ben, algo xa me contara que veu toda emocionada a conrarme o da horta e o de Pepo.
    Que ben poder ter esas cousiñas

    ResponderEliminar

¡A DORMIR QUE LLUEVE YA!

    Estamos disfrutando moito coas poesías de Gloria Fuertes. Así que onte estivemos gravando unha moi divertida que, ademais, ten moito qu...