Vaia publicación máis padronesa toca hoxe! Certamente neste mes de febreiro (que acaba xusto de rematar) é inevitable recordar a figura da poetisa galega Rosalía de Castro, cuxo nome ostenta o noso centro. Para recordala e homenaxeala como se merece lemos a súa poesía, pintamos o seu retrato, elaboramos un caligrama e fixemos unhas chapas.
Para facer o retrato e inspirarnos un pouco collemos como modelo a portada dun libro porque nos pareceu unha fermosa imaxe de Rosalía, rodeada de flores. Despois cada un foi facendo a súa propia versión e os resultados foron variados e interesantes.
Para elaborar o caligrama, escollemos uns versiños que nos gustaron e que din así:
ALÓ POLA MAÑANCIÑA
SUBO ENRIBA DOS OUTEIROS
LIXEIRIÑA, LIXEIRIÑA
COMO UNHA CRABA LIXEIRA
PARA OIR DAS BADALADAS
A CAMPANADA PRIMEIRA.

Continuando coas tarefas da horta que nos poñen en contacto coa natureza e nos permiten traballar coas mans e comprender certos procesos naturais que teñen que ver co feito de sementar e, posteriormente, obter alimentos da terra, empezamos a facer un sementeiro de pementos de Herbón. Se conseguimos que broten, teremos que levalos á horta para transpantalos e que medren alí.
E agora toca regar e esperar a ver que pasa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario