miércoles, 19 de marzo de 2025

A FRAUTA MÁXICA DE MOZART

    O martes foi un día totalmente espectacular xa que tivemos a sorte de poder ver a representación da ópera de Mozart "A Frauta Máxica" no auditorio do Colexio A Salle en Santiago de Compostela.

  Tiñamos moitas ganas de ver e escoitar esta fantástica obra musical e non nos defraudou. Coñecíamos ben a historia, os personaxes, as aventuras que ían sucedendo, o desenlace final. No cole disfrutamos moito coa lectura desta narración e tamén escoitamos con frecuencia algúns fragmentos como a aria da Raíña da Noite ou o dueto de Papageno e Papagena, así que poder ver todo esto en directo, nun escenario cun precioso decorado e con actores e cantantes de verdade, foi o colofón a todas as actividades que fixemos no cole. A verdade é que o pasamos moi, moi ben tantos os nenos/as como as mestras. Ferro Teatro conquistounos e esperamos poder ver outros espectáculos semellantes.










































                                                   












                                        
                                       





















































                                       




































¡VIVA O TEATRO!
¡VIVA A MÚSICA!
¡VIVA A ÓPERA!
¡VIVA MOZART!



2 comentarios:

  1. Pasarono pipa Antía veu super contenta e emocionada. E nada mais baixar do bus xa me ia contando o que pasara.
    Recordame a cando eu estaba no mismo cole e íbamos tamen ali.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A verdade é que o espectáculo foi magnífico, Papageno foi realmente divertido, houbo chistes para os peques e para os que no somos tan peques, e como eles/as xa coñecían ben a historia e lles gustaba moito, ver alí movéndose polos decorados, cantando, facendo bromas, a todos eses personaxes, recoñecer as cancións, foi unha marabilla. Foi unha experiencia estupenda e todos/as voltamos ben felices.

      Eliminar

UNHA EXPERIENCIA PLÁSTICA

    Como xa non queda nada para rematar o segundo trimestre do curso, é o momento de realizar as bolsas para levar os traballos. Nesta ocasi...