jueves, 13 de marzo de 2025

8M: DÍA DA MULLER

      O mes de marzo trae consigo unha conmemoración importante: o Día da Muller.

  Os días previos ao 8M (que foi sábado) realizamos actividades relacionadas coa reflexión sobre a igualdade entre mulleres e homes e a presenza das mulleres na Historia. Vanessa, do CIM, visitounos  para falarnos de Florence Nightingale, unha enfermeira que cambiou moitas cousas nos hospitais, que estivo na guerra de Crimea coidando e curando aos feridos (era coñecida como a "dama da lámpada") e que fundou a primeira escola laica e profesional de enfermería.  

  Despois na aula aproveitamos para coñecer mellor a esta enfermeira e ler outras historias de mulleres inspiradoras.

     Para aqueles que non coñezan a esta importante muller nacida en Florencia aínda que de nacionalidade británica, aquí vos deixo un sinxelo vídeo que conta algunhas cousiñas sobre ela.















    Despois de coñecer a historia de Florence Nightingale e reflexionar sobre a importancia da hixiene para estar sans, Vanessa fixo un sinxelo experimento para mostrarnos como os xérmenes, os virus e as bacterias nocivas "escapan" da limpeza.












   E antes de despedirnos, Vanessa fíxonos un agasallo: unha bonita bolsa para facer visible a importancia de conmemorar o 8M.













   Para non esquecer as ensinanzas de Florence Nightingale fixemos unha actividade impresa para recoller algunha información importante.









                
                 

                 

                 





























   Dentro das actividades programadas para conmemorar o 8M, tamén se organizou unha charla, impartida por María Basadre, para explicar o traballo da ONG Intermón Oxfam concedendo microcréditos a mulleres de Honduras, fomentando deste xeito o empoderamento das mulleres e a posibilidade de saír adiante e ter recursos alimenticios en comunidades desfavorecidas.


“O mundo da humanidade ten dúas ás: unha é a muller e a outra é o home. Ata que ambas as  ás non se desenvolvan igualmente, o paxaro non poderá voar.” Abdu’l-Bahá (1844–1921



No hay comentarios:

Publicar un comentario

8M: DÍA DA MULLER

      O mes de marzo trae consigo unha conmemoración importante: o Día da Muller.   Os días previos ao 8M (que foi sábado) realizamos activi...