E seguimos celebrando aniversarios, estamos que non paramos. Onte tocoulle o turno a Mateo Bello que agora xa ten 6 anos. Mateo estaba moi contento de que xa chegara o día do seu cumple e empregou toda a súa enerxía en apagar as seis candeas de maneira moi eficaz cun único soplido. Despois escoitou con emoción a canción que lle adicaron os seus compañeiros e compañeiras e, finalmente, fixo o tradicional reparto de galletas que sempre é ben recibido na Pementeira. Foi un día estupendo no que empregamos moi ben o tempo e poidemos facer moitas cousas á vez que tamén nos divertimos e aprendemos xuntos/as.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
sábado, 15 de marzo de 2025
ANIVERSARIO DE MATEO BELLO
E hoxe tamén tivemos un día estupendo no que fixemos moitas actividades diferentes. Así que aproveito para compartir as imaxes da nosa sesión de ioga dos venres na que tivemos tempo ata de bailar un pouquiño. Practicamos a posición do peixe (Matsyasana) en dúas variantes, unha delas un pouquiño máis complexa por iso tivemos moito máis coidado sobre todo para non mancarnos no pescozo. Eu fun axudando a cada nena/o a colocarse ben e manter unha alineación para non forzar o pescozo e, como xa lles expliquei a elas/es, non se pode mirar aos lados mentres estamos na posición, mantémola pouquiño tempo e imos desfacendo a nosa postura despaciño sen lastimarnos. Saiu moi ben en xeral.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
MOITAS NOVIDADES NO NOSO PROXECTO PHAROS
Levamos xa uns días de curso e estamos moi metidos no Proxecto Pharos. Estamos organizando o noso recuncho luminoso con moitas aportació...
-
Finalizamos o segundo trimestre do curso. Un trimestre curto pero cheo de actividades e experiencias. A verdade é que pasou ben rápido. ...
-
Hoxe,o noso cole encheuse dunha enerxía especial, un aire africano que chegou da man dun auténtico griot, un contador de contos nacido ...
-
Este venres 17 de abril, recibimos o segundo exemplar do noso xornal Novas de Infantil . Sempre é agradable miralo e ir recordando as di...


No hay comentarios:
Publicar un comentario