miércoles, 11 de mayo de 2022

O CUMPLE DE TRIANA

     Retomamos as celebracións de aniversarios co cumpleanos de Triana que estaba moi emocionada no momento de compartir esta data importante cos compañeiros/as do cole, Triana levaba xa varios días facendo a conta atrás porque cumplir 6 anos é moi importante e tiña moitas ganas de que chegara ese momento, apagar as candeas, compartir galletas cos compis e escoitar os eloxios que todos lle adicamos.





     Despois de apagar as candeas e escoitar o cumpleanos feliz con emoción, Triana entregoulle a Mateo un cucurucho de chuches sin gluten porque el non podía tomar as galletas que trouxo para os demais compañeiros/as (de todos xeitos el tamén disfrutou dunhas galletiñas porque sempre hai na aula algunhas gardadas por si alguén se esquece a merenda ou cousas así). Eu tiven a sorte de que tamén había unha apetitosa galleta para min. Grazas Triana! E xa aproveitamos o bo día para comer a galleta fóra, no patio.























   Por último só nos quedaba formar o "Círculo dos Eloxios" para dicirlle a Triana todo o que nos gusta dela. Como é habitual, comencei eu dicíndolle:

   - Triana, encántame ver o teu sorriso, gústame moito como te comportas no cole respetando as normas, sin berrar, escoitándome cando explico e dou indicacións, nunca te enfadas si che corrixo algo, eres paciente, non te enfadas nin pelexas cosas compañeiras/os  e transmítesme moita paz. Admiro a túa responsabilidade e que sempre te acordas dos recados da casa ou do cole, explícasme todo con claridade e fas que o meu traballo sexa moi fácil. Estou moi orgullosa de como traballas e disfruto cando che vexo feliz no cole.

   E despois seguiron as compañeiras/os:

 - Gústame que xogues conmigo no patio, eres boa compañeira e quérote moito.

 - Gústame que eres pacífica e que sexas a miña amiga.

 - Gústame como fas bólas de plastilina, que escoitas á profe e fas ben as fichas.

-Eres moi boa compañeira, quérote moito e gústame xogar contigo no patio.

-Gústame que non te enfades e como fas as posicións de ioga.

-Gústame cando compartes conmigo e cos compañeiros e cando coloreas ben os debuxos.

-Gústame cando escoitas e respetas á profe e sempre fas ben as tarefas.

-Gústame o teu sorriso e sempre quero xogar contigo porque eres a miña amiga.


1 comentario:

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...