miércoles, 16 de octubre de 2024

VAIA SORPRESA!

  Hoxe tivemos un día moi especial na Pementeira. Grazas á avoa e á mamá de Carla puxemos en marcha unha experiencia que pode resultar moi interesante. Temos toda a ilusión en que vaia todo ben e finalmente logremos o obxectivo. E vós diredes, e  cal é o obxectivo? Pois nada más nada menos que lograr que na Pementeira veñan ao mundo uns pitiños. 

¡TEMOS UNHA INCUBADORA!


    Primeiro enchufámola para que fora collendo a temperatura axeitada (un pouquiño máis de 37 grados), despois coa axuda dunha luz fomos vendo qué ovos poden ter un pitiño dentro. Iso foi emocionante! Ir comprobando que se percibíamos unha sombra no ovo é porque hai pitiño. E parece que hai moitos, bueno, en realidade aínda son embrións non pitiños.





         













    A continuación, colocamos os ovos encima duns rodillos que serán os encargados de ir virando pouco a pouco os ovos, coa finalidade de que lle chegue o calor de xeito uniforme por todas partes. Unha vez colocados os ovos, enchemos as botellas de auga. Cunha das botellas tivemos un pouco de problema, xa que non conseguíamos enroscala e soltábase co cal non podíamos enchela de auga porque se derramaría, así que fixemos un apaño con cinta adhesiva que, Prentemente, funcionou ben. Ese auga vai pouquiño a pouquiño entrando na incubadora a través duns conductos de maneira que lle proporciona a  humidade precisa aos ovos. Con todo xa preparado, agora temos que esperar 19 días. Para iso, para non esquecernos ou cometer erros na conta, imos marcando os días no calendario. E unha vez pasados os 19 días xa veremos que máis temos que facer. penso que as pementeiras e pementeiros xa o saben (ou iso espero).












   E agora a esperar, así traballamos un pouquiño a paciencia! que tamén fai falta!
  Aproveitamos este día no que aprendemos tantas cousas e o pasamos tan ben para ver uns vídeos sobre o nacemento das aves.





UN DÍA INTERESANTE E XENIAL!
GRAZAS POR ESTA APORTACIÓN AO NOSO
 PROXECTO PLUMAS!


3 comentarios:

  1. Encántame o emocionados que se ven. Seguro que en uns días aumenta a familia pementeira🫣😅

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estaban todos contentos, de feito as fotos saen movidas porque eu andaba facendo cousas (colocar osovos, encher as botellas, explicar etc.) e ao mesmo tempo disparaba fotos para que vírades a súa emoción e, claro, se lles mandaba posar xa perdían esa espontaneidade do momento, por iso preferín compartilas así. Foi divertido, un día estupendo! Esperemos que sigamos tendo experiencias así de interesantes. Grazas Lidia!

      Eliminar
  2. Ainda non vira esta entrada do blog pero Indira chegou á casa emocionadísima decindo que iban a incubar uns ovos na aula e a verdade a sua cara nas fotos dio todo, paréceme un proxecto super interesante e encantoume a idea 🥰

    ResponderEliminar

VIVIMOS INTENSAMENTE O NADAL

   Non é unha frase feita este título. Realmente na Pementeira vívese con moita intensidade o Nadal. Nada máis entrar hai que comprobar se o...