Estamos coñecendo moitas aves e moi diversas, plantexando moitos retos (xa vos irei contando como van saíndo), investigando moito, lendo contos moi fermosos e moi interesantes e aprendendo vocabulario moi preciso... A verdade é que o PROXECTO PLUMAS está resultando atractivo e enriquecedor.
Un dos equipos de aula chámase ALBATROS, un ave mariña de grandes dimensións (a de maior envergadura), recordaredes que a debuxamos no chan respectando a súa medida real de 3 metros e medio de punta a punta das ás. Como vedes, non só aprendemos cousas que teñen que ver coa bioloxía das aves, o seu comporamento, o seu hábitat senón que aproveitamos para traballar contidos de lóxica-matemática, de xeometría... por exemplo estamos reforzando conceptos como as unidades de medida de lonxitude, de peso ou de volumen. Utilizamos moito ao noso Camaleón Midón, que nos axuda a medir todo e imos comparando lonxitudes...
No hay comentarios:
Publicar un comentario