A piques de entrar no mes de novembro, chega o momento de celebrar o magosto e o samaín. Este ano decidimos darlle protagonismo ás castañas, un froito que ten moita importancia na Historia de Galicia, xa que se consumía de xeito habitual fai centos de anos como hoxe se fai coa pataca. É fonte de vitamina B6 (tamén contén calcio, proteína, ácido fólico, potasio...) que axuda a disminuir o cansancio e a fatiga. Nos mosteiros, por exemplo, consideraban que os castiñeiros eran o segundo producto máis rentable despois dos viñedos, e mesmo se empregaba a castaña como moeda. Cando chegou a pataca desde Ámerica (cunto co millo) a castaña empezou a perder protagonismo, pero é curioso que á pataca se lle chamou "castaña de terra".
Así que este ano queremos facer fincapé na imporatncia da castaña e adicarlle a festa no cole: o CASTAÑAZOFEST!
Decoramos un pouco o cole para darlle un toque samainesco, aportamos castañas para o magosto e aportamos algunhas obras artísticamente terroríficas para participar na exposición que está xa no corredor para que todos/as a poidan disfrutar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario