Finaliza o mes de outubro coa 1ª edición do Castañazofest que resultou ser todo un éxito. A verdade é que todo foi sobre rodas, disfrutamos dun fermosos día de sol, con temperatura moi agradable, con moitos sorrisos e moitas ganas de xogar ecompartir bos momentos, os nenos e nenas de infantil viñeron cheos de enerxía, alegres e perfectamente caracterizados de vampiros e vampiresas, momias, morcegos, arañas, bruxas, cabazas, demonios, esqueletes e personaxes como It ou Mércores. Estaban todos/as fantásticamente terroríficos/as e divertidos/as que era do que se trataba. Sacamos moitas fotos, que quedaron realmente bonitas (hai quen disfruta moito poñendo poses divertidas e facendo de modelos espontáneos) comemos castañas no patio xunto con todo o alumnado do cole, participamos na pasarela de disfraces, degustamos uns peperetes ben sabrosos na aula de psico, xogamos un montón no patio, bailamos, cantamos e ata vimos un corto de medo. Foi todo divertido, emocionante e o día transcurriu cheo de boas sensacións e sen problemas de ningún tipo. Pasámolo realmente ben todos xuntos! Ata tivemos tempo de levar os restos orgánicos ao composteiro, e de marcar os días que van pasando no proceso de incubación dos ovos. E agora na casa podedes ver algunhas imaxes que resumen esta xornada festiva. Espero que vos gusten.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
sábado, 2 de noviembre de 2024
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!!!
Xa estamos de volta! As vacacións de verán remataron e damos inicio ao curso 2026-27. Que ganas temos xa de vernos, falar, cantar, esc...
-
Finalizamos o segundo trimestre do curso. Un trimestre curto pero cheo de actividades e experiencias. A verdade é que pasou ben rápido. ...
-
Hoxe,o noso cole encheuse dunha enerxía especial, un aire africano que chegou da man dun auténtico griot, un contador de contos nacido ...
-
Clea está sempre acompañándonos na Pementeira. Así que como nos parece unha porquiña moi simpática, decimos pintala e así seguimos pract...


.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario