A segunda noticia do día foi algo que levábamos días esperando: dentro da incubadora temos un pitiño que está empezando a romper a casca e xa mostra as súas ganas de saír ao mundo. Cando chegamos ao cole xa fomos a mirar con interés porque estamos no día número 20 e sabíamos que a partir do día 21 xa é normal que vaian nacendo os pitiños. Hoxe tiñamos que sacar os rodillos da incubadora, deixar os ovos no fondo da incubadora e botarlles un pouquiño de auga co spray para facilitarlles ese proceso de romper a casca.

.jpeg)
.jpeg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario