As mates están presentes no nosos día a día. Constantemente facemos cálculos e os nenos e nenas tamén, de xeito instintivo e con naturalidade, fan sumas e restas cando collen obxectos, cando reparten as galletas, cando fan un puzle ... En ocasións, como é lóxico, eles non falan de sumas ou restas pero entenden que se teñen catro rotus e un compañeiro lle da outro, pois teñan cinco, teñen máis que antes. Igualmente se teñen seis caramelos e lle dan dous a un amiguete pois lle quedan catro, é dicir, finalmente teñen menos. Comprender estas cuestións, que son matemáticas, é relativamente sinxelo e por iso imos introducindo estas operacións nas aulas de infantil, porque é algo bastante natural e conectado con situacións moi cotiáns. Despois, pouco a pouco, vanse familiariazando cos signos das operacións e cos convencionalismos da representación escrita desas operacións.
O curso pasado xa facáimos sumas no cole e, neste curso, estivemos introducindo a resta. Non foi complexo, o concepto compréndese (é certo que xa había pementeiros/as que xa sabían restar cando eu empecei a explicalo) e cando cometen algún erro na realización das restas soe ser porque se despistaron ao contar, porque non tiñan ganas de facela e copiaron a un compañeiro e equivocáronse de operación, ou cousas así. O máis normal nun aula, despistes, falta de concentración, mesmo cansancio...
Achegámonos ao concepto de resta dunxeito lúdico e manipulativo facendo as operacións con obxectos que se poidan tocar e que permitan visualizar o que se está facendo. Nesta ocasión fomos á aula de psico e fixemos restas con pelotas de cores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario