lunes, 25 de noviembre de 2024

25N

   


    O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarnos ao cole para explicarnos a importancia de rexeitar a violencia e para realizar unha actividade colaborativa na que todas e todos, nenas e nenos, participaron para crear unha obra con mensaxe, unha árbore de mans violetas que nos une nesta loita contra a violencia.
    Antes xa de que chegara Vanessa, estivemos falando na asamblea sobre algunhas situacións que  viviron algunhas nenas ou mulleres, que xa coñecemos doutras ocasións, por exemplo recordamos a Malala que estivo en auténtico perigo de perder a vida só polo feito de querer ir á escola e de defender ese dereito para as nenas, igual que o teñen os nenos. Falamos de que as cores non son posesión dun xénero, o rosa non é de nenas e o azul de nenos, as cores son de todos e cada un ten os seus gustos, Falamos de que hai moitos comportamentos que son inaxeitados e poder facer dano aos demais co cal temos que aprender a controlalos.
    No me cabe dúbida de que todas e todos comprenden isto, agora só temos que seguir reflexionando, seguir recordando estas cousiñas para que os máis pequenos, nenas e nenos, nenos e nenas, vaian asumindo que todos e todas temos os mesmos dereitos.
    Despois  de falar, Vanessa explicounos que íamos a fabricar a cor violeta con rosa e azul, mesturándoas coas mans. E resulta que fixemos unha actividade moi equilibrada, xa que traballamos en auténticas parellas nena/neno, como iguais, ambos co mesmo protagonismo e sen competitividade. Despois de mesturar as cores coas mans, os peques estamparon esas pegadas violetas nunha árbore: a árbore de mans violetas contra a violencia. A ver que vos parece...












































 











































































             

                  

                   








                                   

                                     
                                   

                                             


                    

GRAZAS, VANESSA, POR TRANSMITIRNOS A IMPORTANCIA DOS VALORES DE IGUALDADE E RESPECTO E POR VISITARNOS SEMPRE CON ESA ALEGRÍA ! 
25N


No hay comentarios:

Publicar un comentario

25N

        O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarno...