A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en vez. Xa disfrutamos neste primeiro trimestre dun concerto de Susa Herrera, unha sesión degustación de productos do noso mar, a celebración do CastañazoFest coa tradicional merendola, vivimos a nacemento en directo de Kalimero e Kirikú. Está sendo un trimestre cheo de experiencias.
E agora outro concerto que nos encantou. É estupendo ver como diferentes colectivos, asociacións, organismos de todo tipo teñen a capacidade de plantexar actividades que permiten a inclusión de persoas diversas empregando a arte como medio de expresión, de comunicación, de aprendizaxe e de difusión de coñecementos e valores. O luns viñeron ao cole uns músicos con moitas ganas de facer festa e de xerar emocións positivas, o grupo de música tradicional "De tapas" dirixido polo xenial Marcos encheu o ximnasio de ritmo, risas, bailes e alegría. A fundación Igual Arte traballa desde 2002 con persoas con diversidade funcional e empregan a arte como un medio insuperable de expresión, porque a arte non é excluínte e mediante ela podemos compartir emocións, achegarnos aos demais e sentirnos libres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario