Desde que empezamos co Proxecto Plumas vou intentando propoñer retos de investigación. Costa un pouquiño de traballo que o grupo, en xeral, se vaia "enganchando" a esta proposta porque, de entrada, é preciso poñer moita atención ás explicacións previas e ás pistas que eu vou dando e, tamén, porque implica exercitar a memoria para poder transmitir a información na casa. Obviamente outra cousa que se necesiya é a colaboración e implicación das familias porque os nenos e nenas de 5 anos non poden investigar sos. Pero vou vendo que a cada nova proposta de investigación, os peques van logrando máis precisión, achéganse máis á solución e, o que máis me importa, recordan o que investigaron, queren transmitilo e mostran satisfacción pola tarefa realizada.
O xoves plantexei a seguinte cuestión na aula: os seres humanos temos moito que aprender da natureza, de feito os animais e plantas aportan moitas aprendizaxes. Por exemplo, para facer un tren máis rápidos e menos ruidoso, un tren moi veloz, os enxeñeiros observaron con atención e estudaron as características dun ave para poder diseñar ese tren de xeito máis efectivo. ¿Qué ave foi a que empregaron como modelo para facer ese tren de alta velocidade?
Pois o venres tres pementeiras, Indira, Antía e Irea chegaron coa resposta correcta: O PICAPEIXE (Martiño Peixeiro). Efectivamente o chamado tren bala de Xapón provocaba unas "explosións" cando atravesaba un túnel a causa do aire comprimido. Para evitar ese efecto os enxeñeiros baseáronse na forma do pico do picapeixe ou martiño peixeiro para facer o dieño da locomotora, xa que cando este paxaro se mergulla na auga para pescar non fai ruído. Conseguiron evitar esas explosións do tren bala e, ademais, lograron que fora máis rápido.
Parabéns para as investigadoras!!!
¡A seguir investigando!
No hay comentarios:
Publicar un comentario