Por fin podemos desvelar o tema do novo proxecto de investigación para este curso 2023-2024.
O primeiro paso sempre saír ao patio a buscar pistas que nos permitar averiguar cal vai ser o tema central da nosa investigación e que nos leve a aprender moitas cousas interesantes. Non sei se vos dixeron algo pero estaban todos/as emocionados/as e non lles chegaba o momento de saír, e tivemos que esperar un par de días a que deixara de chover. Pero todo chega.
Despois de recopilar todas as pistas, puxémolas nunhas mesas para ir vendo e comentando o que cada un foi atopando. O primerio que chamou a atención foi un artiluxio que lles gustou moito, que ten letras e enseguida entenderon que vale para escribir, cando lles preguntei qué era dixéronme dúas cousas: unha escritora, e un ordenador (en certo modo foi algo así como unha impresora, verdade?). Aclarado o término "máquina de escribir", algunha nena me comentou que tiña unha na casa, e alguén tamén sabía que había que poñerlle un folio e despois pulsar nas teclas e todos/as quixeron ver como escribía.
Como había unha máquina de escribir e libros, chegamos á conclusión de que o proxecto tiña que ver cun escritor ou escritora. E cando lles preguntei quen sería ese escritor pois indicáronme que igual era o home que estaba alí debuxado nunha imaxe. E era certo. Agora había que averiguar o nome e tamén tiveron claro que o nome estaba escrito nunhas tarxetas de cor verde. Estivemos averiguando que nas tarxetas poñía JULIO VERNE pero non sabían quen era, entón como nas pistas había un código QR, e eles/as xa saben que con ese código podemos abrir un vídeo (co teléfono ou unha tablet), pois decidimos ver ese vídeo para averiguar algo deste escritor.
Moitas das pistas que atopamos no patio nos dan ideas do que imos investigar a través das historias cargadas de aventuras e de imaxinación que nos conta Julio Verne. Como escribiu tantísimos libros e non nos vai dar tempo de investigar de tantas e tantas cousas das que el nos fala, organizaremos o traballo en tres bloques que se corresponden cos tres equipos que temos na aula:
1.- O mar e os segredos das súas profundidades, partindo da obra "20.000 leguas de viaxe submariño". De esta obra sae o título que lle imos dar ao proxecto, NAUTILUS, pois así se chama o submariño do Capitán Nemo. E de aí sae tamén o nome dun dos equipos "Atlántida" como a cidade misteriosa mergullada no mar.
2.- Os volcáns, as covas, os minerais, partindo da obra "Viaxe ao centro da Terra". De aquí sae o nome do segundo equipo "Stromboli" pois Otto Lidenbrock desde unha cova en Islandia chega ata o volcán Stromboli que está no Mar Mediterráneo.
3.- África, desde as fontes do río Nilo a Senegal, partindo da obra "Cinco semanas en globo". De aquí sae o nome do terceiro equipo "Senegal".
Agora empezaremos a coñecer o mundo de Julio Verne, viaxando no NAUTILUS e aprendendo moitísmas cousas. Empezaremos a organizar o noso recuncho con todas as pistas e con cousiñas que vós tamén aportedes se vos animades a facelo. Como empezaremos polo mar, podedes mandar fotografías, contos, imaxes, obxectos, maquetas, cunchas etc., calqueira cousiña relacionada coa obra "20.000 leguas de viaxe submariño" ou co mar e os segredos que se esconden nas súas profundidades.
¡Animádevos a mergullarvos nas profundidades do mar co Capitán Nemo e o Nautilus!
Espero que aprendamos moitas cousas xuntas/os!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario