jueves, 25 de enero de 2024

PREPARANDO O DÍA DA PAZ

      O día 30de xaneiro celebramos o Día da Paz e como a PAZ é unha cuestión importante, da que temos que falar e pola que temos que loitar cada día (vendo a situación mundial tan pouco edificante), pensei que deberíamos adicarlle máis días que un a reflexionar sobre a importancia de construír entre todos/as un mundo máis pacífico. Na Pementeira temos que insistir moito en cuestións como: COMPARTIR, ESPERAR, ESCOITAR, RESPECTAR, COOPERAR, COMPRENDER AOS OUTROS/AS, POÑERSE NOLUGAR DOS DEMAIS... Os nenos e nenas de 4 anos son aínda egocéntricos, buscan atención constante, disfrutan chamando a atención, ven o mundo a través dos seus ollos unicamente e en función dos seus sentementos (o que se chama realismo infantil que implica que non distinguen entre un feito obxectivo e a percepción individual dese feito dominado pola emoción), son moi activos, gústalle ter amigos pero tamén son moi esixentes, intentan sobrepasar límites... Todo isto fai que as aulas de 4 anos sexan como un polvorín na que hai moitos pequenos conflictos cada día. Todo isto son cuestións evolutivas pero hai que ir traballando certas cuestións, certos valores e axudar aos peques a reflexionar sobre certos comportamentos e as súas consecuencias para que vaian desenvolvendo un espíritu crítico e vaian acadando un pensamento máis complexo.

   O luns lemos un conto que a min me encanta porque extremadamente sinxelo, con debuxos moi, moi esquemáticos e textos moi breves pero que, con esa economía de recursos, transmite unha mensaxe profunda, chea de intencións e cargada de ensinanzas.



     Despois da lectura e da conversa colectiva, empregamos a pantalla que temos na aula para decorar con cores a palabra PAZ e tamén coloreamos un debuxo.





































                                        




















     O martes e o mércores estivemos elaborando un cartel publicitario antibelicista. Dada a situación que estamos a vivir no mundo, en diferentes países, con guerras e conflictos armados, situacións que van contra os dereitos humanos, é importante cambiar as mentes e empezar a plantexar ideas máis positivas, slogans que animen a modificar as miradas negativas que se enfocan  na competencia feroz, no consumismo agresivo, no poder sobre os demais, na posesión de riquezas e no ataque á diversidade de culturas que son a riqueza do mundo. O Equipo de Extraescolares do centro fixo aproposta de facer unha exposición de carteis antibelicistas que emitan mensaxes positivos, que defendan a paz e a solidaridade e que nos fagan pensar na posibilidade de crear outro mundo no que  non existan as guerras.
   Na Pementeira xa temos o noso cartel antibelicista, un collage cheo de cores e cun mensaxe claro e directo: MAKE ART, NOT WAR (crea arte, non guerra). Nós puxemos o modo artístico en ON e ¡a crear! Esperamos que triunfe na exposición. Xa vos iremos contando.




































No hay comentarios:

Publicar un comentario

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...