jueves, 18 de enero de 2024

VOLCÁNS E PERIÓDICOS

   Onte e hoxe foron dous días fantásticos na Pementeira. Deses días nos que eu disfruto moito porque comprobo que os nenos e nenas me demostran que o que eu espero deles/as é posible, que son capaces de facer moitas cousas, de respectar normas, de aprender disfrutando, de escoitar contos con interese, de traballar nun ambiente relaxado acompañado de música e de pasar o día xuntos/as, facendo equipo, sin discusións nin enfados. A verdade é que estou moi orgullosa deles e delas e gustaríame que, tamén na casa, os felicitárades e, sobre todo, os animarádes a seguir comportándose así de ben porque aprenden máis e, sobre todo, disfrutan moito máis.

      Estes días estamos recibindo xa algunhas cousiñas para o recuncho:  varias pedras volcánicas, un libro, un debuxo dun volcán e tamén unha reproducción do criptograma que o alquimista Saknussem escribiu nun alfabeto rúnico e que o profesor Lidenbrock descifrou averiguando así como acceder ao centro da Terra a través do cráter do volcán Snaffeldjokull en Islandia.


                   

               


   E Noel tamén chegou moi contento cunhas fotos que fixo cando visitou as Torres do Oeste e o drakkar vikingo en Catoira. A verdade é que aquí en Galicia tamén temos moitas cousas interesantes que visitar.

   Os volcáns están resultando un tema de investigación moi interesante e todas/os están moi interesados xa que isto das explosións, as catástrofes e as situacións de perigo sempre resultan atractivas para os peques. Aprendemos que Islandia é un país de xeo e lume, porque hai moita neve pero tamén moitos volcáns (de feito un deles está ultimamente moi activo, con erupcións ata fai dous días).

   En España tamén temos un volcán, o Teide en Tenerife que varios nenos/as da aula visitaron (e varias das pedras volcánicas que temos agora no recuncho son de alí precisamente).

     Tamén coñecemos o volcán Stromboli, que dá nome a un dos nosos  equipos, un volcán que se atopa en Italia moi cerquiña de Sicilia, onde está outro volcán, o Etna. 

STRÓMBOLI


ETNA (SICILIA)

   Tamén falamos do Vesubio, que entrou en erupción no ano 79 e deixou a cidade de Pompeya completamente sepultada baixo as cinzas e a lava.

POMPEYA  E  O  VESUBIO



     E como xa estábamos metidos en faena, aproveitamos para falar de Santorini, unha fermosísima illa grega que ten unha forma parecida á do volcán  da canción  "I Lava You". Santorini sufriu unha forte erupción volcánica fai miles de anos que provocou o colapso do cono volcánico que acabou mergullado no mar. Agora a illa ten unha peculiar forma con dous "brazos" (coma un croissant) que rodean o cráter do volcán. Hai historiadores que creen que Santorini era o lugar no que se atopaba a mítica cidade da Atlantida.




     Agora xa sabemos un montón de cousas sobre os volcáns e hoxe fixemos unha actividade impresa na que recortamos e pegamos tarxetas coas palabras que dan nome ás súas partes principais . Todo o grupo fixo perfectamente a tarefa, con atención, con interés, sen erros, sen enfados e todos/as tiveron o seu selo de "excelente".




   E cando os días son así de estupendos e todo o grupo colabora, sempre hai tempo de xogar e ata de ler o novo exemplar do periódico Novas de Infantil, que xa mañán levarán a casa.
                                      

                                        














































2 comentarios:

  1. Con que alegría e ilusión chegan co periódico, cantas ganas de enseñarnos de explicarnos e como nos gusta recibilo na casa. Moitísimas gracias 🥰

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Qué alegría, Lidia! Aquí estaban todos emocionados buscándose nas fotos e explicábanme a min o que facían e onde estaban,😂😂 a verdade é que o facemos con moita ilusión porque é un recordo de moitas cousas que se van facendo na escola, un recordo para cando sexan grandes. Alégrame moito, moito que vos guste miralo na casa. Grazas por compartilo no blog!

      Eliminar

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...