jueves, 11 de enero de 2024

ESTAMOS DE VOLTA!!!

  Voltamos á aula despois do Nadal e atopamos unhas sorpresiñas na alfombra cando íamos empezar a xornada escoitando unhas cancións.







     Os nenos e nenas tiñan ben claro que os Reis Magos pasaran polo cole e deixaran uns agasallos para todo o grupo, e costáballes aguantar para poder abrilos e averiguar qué había en cada paquete.



















      Despois de descubrir que tiñamos tres libros novos e dous xogos, non había máis remedio que estrear todo canto antes. Por iso durante esta semana lemos os contos e tivemos momentos para poder xogar con estes novos xogos, e cos que xa tiñamos tamén obviamente.





































      E retomando rutinas, Carmen e Gael tiveron a oportunidade de levar a casa o Libro de Rimas Mariñas que leva xogos tamén para disfrutar con mamá e papá na casa. Espero que o pasaran ben lendo e xogando xuntos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

EMPEZOU O OUTONO

     Ninguén o diría pero rematou o verán e xa estamos no outono. Eso sí, aínda que empezamos a ver moitas follas polo chan, a verdade é que...