Empezamos novo trimestre e seguimos investigando da man de Julio Verne. Pero agora deixamos a nosa viaxe polo mundo mariño e entraremos nas profundidades da Terra, da man do profesor Lidenbrock e o seu sobriño Axel. E ¿cómo imos entrar? pois como fixeron eles, a través do volcán Snaffelldjokul en Islandia para, despois, saír no Strómboli en Italia.
Así que esta semana xa iniciamos esta nova aventura vendo vídeos, debuxos animados, escoitando cancións, facendo actividades impresas, empezando a organizar o recuncho e a cousa vai pintando moi ben.
E Carmen, Carla e Leo xa trouxeron unhas pedras volcánicas e unha imaxe da cova do Soplao, en Cantabria, para o recuncho.
E ademais de investigar, tivemos ocasión de retomar as nosas sesións de ioga dos venres. Este venres estivemos traballando en equipo para facer unhas posicións moi vistosas nas que foi necesario contar co resto de compañeiros e compañeiras. Mirade que figuras xeométricas logramos. Ás veces costa un pouquiño coordinarse cos demais, pensar que somos un equipo, aprender a verse como unha parte da totalidade para lograr obxectivos comúns e co ioga tamén podemos insistir nestas cuestións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario