sábado, 18 de noviembre de 2023

MOITOS XOGOS E MOITAS APRENDIZAXES

     Na pementeira sempre hai momentos para xogar xuntos/as e para tentar desenvolver habilidades de traballo cooperativo,  e fomentar a adquisición de valores como poden ser compartir, poñerse no lugar dos demais, traballar a paciencia e a calma, respectar límites... Non é sinxelo e, certamente, este curso está resultando un pouco máis complexo acadr un ambiente relaxado, alegre e positivo na aula, xa que estamos nun momento de explorar límites e tentar sobrepasalos, é unha idade na que todos/as queren ser os protagonistas a toda costa, na que nenos e nenas pretenden ter toda a atención da mestra, na que hai constantes chamadas de atención e costa asumir que non sempre son o centro de atención ou non sempre se fai todo perfecto. Este momento evolutivo en ocasións denomínase "Idade da gracia" o cal implica que os nenos/as teñen cada vez máis habilidades motrices e lingüísticas e isto fai que teñan moitas ganas de moverse, de falar e de demostrar todo o que saben facer, son egocéntricos (ven o mundo  só a través das súas percepcións e emocións) e narcisistas (buscan atención e reforzo positivo, soen pensar que eles fan todo ben e non soen asumir que poden cometer erros ou que actuaran de forma inaxeitada) e todo iso fai qu, en ocasións, lles coste comprender certas situacións, asumir que non poden ser os primeiros/as en todo, asimilar que cometeron un erro ou se comportaron axeitadamente e que poden facelo doutro xeito, ou entender que non poden ser sempre os protagonistas. 

    Estas cuestións que son evolutivas e lóxicas nestas idades, poden verse reforzadas por situacións sociais como foi a pandemia, o feito de que as familias son máis pequenas (hai menos irmáns e primos por exemplo), hai menos xogos libres nas rúas (case todas as actividades están organizadas e supervisadas por adultos co cal se desenvolven menos habilidades de resolución de conflictos entre iguais, poténciase menos a creatividade e a imaxinación etc.)

    Na nosa aula hai personalidades fortes, que buscan atención e protagonismo, hai certa "cabezonería" para escoitar consellos e cambiar algúns hábitos, hai ganas de falar pero menos de escoitar, hai moitas ganas de mandar e poucas de obedecer... en fin, o normal nunha aula de 4 anos. É unha clase numerosa na que precisamos un pouco de orden, organización, asunción de normas e paciencia. E en todo isto estamos traballando. ¿Por qué explico todo isto? Pois por moitas consultas, preguntas, preocupacións, dúbidas que se me transmiten a diario. Claro que hai conflictos na aula, con 22 alumnos/as nun espazo reducido no que hai que compartir atención, xoguetes, materiais de traballo, respectar turnos para falar ou ir ao baño, no que hai que recoller cando chega o momento, no que hai que facer algunhas tarefas que non son as favoritas de todos/as, no que hai un horario establecido no que resulta complicado respectar o ritmo de todos/as e cada un/ha deles/as... En fin, aquí non están mamá e papá solucionando cada pequeno problema, respondendo inmediatamente a cada demanda, pero todo iso non implica que os nenos/as non estén disfrutando. Así que vos pediría que fórades máis realistas coa vida no cole e que axudárades aos vosos fillos/as a ver todo o positivo que ten a escola e a comprender aqueles aspectos que quizá non lles gustan tanto.

   Sen máis rollo, aquí vos deixo algunhas imaxes de momentos de xogo en parellas, pequenos grupos ou grupos máis numerosos. Espero que estas imaxes vos axuden a ver que na aula disfrutamos xuntos/as, que non todo son enfados ou pelexas, que os nenos e nenas xogan entre eles/as, falan, crean lazos afectivos e vanse desenvolvendo con normalidade e que, sería fantástico, que empezaran a valorar máis todo isto, e que vós, nas familias, tamén contemplárades esa posibilidade xa que a vosa percepción do cole inflúe poderosamente na dos vosos fillos.


































































No hay comentarios:

Publicar un comentario

VIDA SANA

     Estamos aprendendo tantas cousas sobre as aves e facendo tantas tarefas diferentes que, ultimamente, non compartín imaxes das nosas ses...