miércoles, 1 de noviembre de 2023

SAMAÍN 2023

  

     Chegou o día de celebrar o Samaín e o magosto no cole. O martes 31 de outubro, os pementeiros e pementeiras deuxaron na casa as roupas habituais de cada día para vir  transformados en monstros, vampiros, bruxas, momias, piratas, demos, morcegos, esqueletes e todo tipo de seres arrepiantes, que nos queren asustar e que provocan emocións intensas entre o terror e a risa floxa.
     Neste día especial que implica o fin do verán e o comenzo da época máis escura, o inverno (Samhain en gaélico -por certo a lingua da nosa vaca Bonnie que veu de Escocia- quere dicir precisamente "fin do verán"), os druídas celtas celebraban diferentes ritos que tiñan moito que ver coa morte xa que o inverno é tamén unha especie de morte para a natureza que posteriormente renacerá coa primavera.
     Coincidindo coa época das castañas e a chegada do frío, en Galicia é moi frecuente celebrar o magiosto comendo unhas riquísimas e quentiñas castañas asadas para darlle un pouco de caloriña  a estes días pasados por auga.
      No cole tivemos un día ben completiño cantando e bailando, vendo curtas de medo, merendando todos xuntos/as na aula de psico (aproveito para darlle as grazas a todas as familias pementeiras porque trouxeron moitísima comida e tamén lle botaron moita imaxinación), celebrando o magosto co alumnado de primaria no patio cuberto, xogando, sacando moitas fotos e ata disfrutando dunha entrega de premios na que unha das gañadoras foi precisamente unha pementeira. ¡Qué alegría!
  Uns días antes estivemos pintando unhas bruxiñas divertidas para decorar o corredor, porque as festas vanse vivindo tamén cos preparativos previos ao día principal, claro.
















     O día da celebración, os protagonistas foron os terroríficos disfraces e a diversión de sentirse diferentes por un día, a imaxinación e a creatividade, as ganas de enfrentarse aos medos e afrontalos desde o outro lado facendo o papel de vampiros, bruxas,monstros, momias ou calqueira protagonista dunha historia de terror. Estaban todos/as espectaculares e fixemos unha sesión de fotos para que poidamos gardar estes recordos para sempre.


























 Mentres íamos sacando as fotos e preparando as cousas da merenda, houbo tempo de cantar e bailar, de xogar e de ver unhas curtas de Samaín.


















                                       
                                       






















                                            


   Despois do recreo chegou a hora do magosto e da entrega de premios do concurso de "Arte terrorífica".



























     






    

¡PARABÉNS A TODAS/OS  AS/OS  GAÑADORAS/ES!



   E de remate desta xornada festiva, un pequeno agasallo, un vídeo con algunhas das fotos do día.

                                              


No hay comentarios:

Publicar un comentario

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...