Na Pementeira seguimos avanzando co noso Proxecto Nautilus. Tomando como punto de partida o tema do mar, que é o protagonista da obra "20000 leguas de viaxe submariño" de Julio Verne, estamos traballando lecto-escritura, lóxica-matemática, grafo-motricidade e moitas cousas máis. As pementeiras e pementeiros están mergullados nas augas salgadas dos mares e océanos do mundo e teñen moito interese en aprender cousas dos corais, as anémonas, os peixes-pasallo, os dragonciños, as baleas, os tiburóns ou os cangrexos-ermitaños. Pero non só hai animais e plantas interesantes no mar, tamén hai tesouros piratas, cidades mergulladas ou pecios... ¿sabedes o que é un pecio? Pois se non o sabedes, preguntádelle aos peques a ver se volosaben explicar.
Esta claro que traballamos moito e por iso tamén aprendemos moito no cole, novo vocabulario, novas destrezas...Mirade como traballan estes nenos e nenas.
Por aquí Carla nos explica que pecio es un barco hundido 😅
ResponderEliminarAsí me gusta, que esté moi atenta no cole!👏👏👏 Bravo por Carla!
Eliminar