jueves, 16 de noviembre de 2023

CONTOS CHEOS DE EMOCIÓNS

  Un ano máis recibimos a visita de Vanessa, do CIM Terras de Iria, para preparar o 25 de novembro e reflexionar sobre a importancia de recoñecer as nosas emocións e traballar con elas aprendendo a canalizalas axeitadamente, a disfrutalas a tope cando son positivas e a evitar que nos leven a situacións desagradables que poden ferir aos demais. Xuntos/as estivemos reflexionando sobre os comportamentos e conductas que poden resultar violentos, que son desagradables, que fan que nos sintamos mal e aqueloutros que nos fan sorrir, que nos fan sentirnos alegres, cómodos, calmados ou exultantes de felcidad.

   Coa axuda do monstro de cores, un personaxe que todos/as os/as nenos/as de infantil coñecen, falamos de todo isto, e comentamos como nos gusta sentirnos, que emocións son as nosas preferidas e, despois, cada neno/a tivo a oportunidade de pintar un mostro coa emoción que máis lle gusta ou a que está sentindo nese momento. Despois colocou o seu monstro nunha caixiña e deulle unha aperta ao monstro da cor eleixida para colorear o debuxo.





























 



































 Como vedes na Pementeira hai varios/as nenos/as namorados, alegres e calmados e, por sorte non hai ningún con medo, nin triste. ¡Que ben! A ver se seguimos así sempre.
    ¡Grazas Vanessa por visitarnos unha vez máis e por traernos estes monstros con ganas de apertas!

   Os contos son un fantástico método para adentrarnos no mundo dos valores, das emocións, dos principios éticos e morais... Identificándose con diferentes personaxes e coas situacións que van vivindo, os nenos e nenas van asumindo ensinanzas de todo tipo, van aprendendo a poñerse no lugar dos outros, a reflexionar sobre as consecuencias de certas accións.
   Xa fai uns días con motivo da celebración do Día Das Bibliotecas, unhas nenas de primaria viñeron a contarnos unha historia aos peques de infantil. Un fermoso conto moi instructivo, que xa lemos moitas veces na Pementeira, e que nos fala do importante que é colaborar, axudar aos demais e ser traballador e responsable: A galiña roxa.

















    
   Como vedes, no cole sempre temos sorpresas que rompen as rutinas de cada día e nos fan pasar momentos divertidos, interesantes e cheos de aprendizaxes. Calqueira visita é sempre ben recibida!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

VIDA SANA

     Estamos aprendendo tantas cousas sobre as aves e facendo tantas tarefas diferentes que, ultimamente, non compartín imaxes das nosas ses...