jueves, 30 de noviembre de 2023

POEMA DO MAR

    Na Pementeira levamos varios días traballando cun sinxelo poema do mar, escribindo os versos e facendo as ilustracións. Así imos practicando trazos, fomentando a expresión plástica persoal, potenciando a concentración, a observación e a memoria... Agora ides ver a tarefa completa, que levou o seu tempo, e poderedes comprobar se os nenos/as recordan o poema, se lles gustou, e mirar os diferentes debuxos que fixeron.



















                                        














             
              

         
                                       

                                        

                                        










































                                         




















                                        















Como vedes, houbo moito traballo!



     Hoxe estivemos vendo a primeira parte do noso diccionario oral de palabras novas relacionadas co mundo do mar. Gustoulles moito velo e as/os protagonistas tiñan unha cara de satisfacción que daba gusto ver. Agora espero que cada día se vaian animando máis a participar e poñan moita atención para facelo moi ben.


     Por outra banda, quero felicitar ás participantes no concurso de postais de Nadal que se organiza no centro. A ver se hai sorte e algunha delas gaña o premio. E se non é así, igualmente  as felicitamos todos xa que ter ganas de participar, animarse, adicarlle un tempo a crear unha felicitación é xa unha tarefa interesante que seguro que fixo que se sentiran ben e tiveran ilusión.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

VIDA SANA

     Estamos aprendendo tantas cousas sobre as aves e facendo tantas tarefas diferentes que, ultimamente, non compartín imaxes das nosas ses...