Julio Verne visitou Vigo en dúas ocasións. A primeira co seu barco, Saint Michelle III, en xuño de 1878 para refuxiarse dun forte temporal. A segunda visita foi en 1884 coa finalidade de solventar unha avería do seu barco. O mar foi desde sempre unha importante vía de comunicación, de expansión territorial, de desenvolvemento económico e, grazas ao mar, as culturas foronse transmitindo dun lugar a outro e expandíndose polo noso planeta. O curso pasado xa falamos de Cristóbal Cólon, o navegante que buscando unha nova ruta para chegar ás Indias, tropezou casualmente cun continente descoñecido aquí en Europa, América, e esta viaxe cambiou o curso da Historia.
Esta semana no cole estivemos investigando sobre outro pobo que cos seus barcos, surcando as augas de mares e océanos, se achegaron a terras lonxanas buscando novos recursos económicos, riquezas e territorios para conquistar. Os vikingos chegaron a América antes que Cristóbal Colón e hai constanciadeste feito nun asentamento vikingo descuberto en Terranova. E, como Julio Verne, tamén viñeron a Galicia en máis dunha ocasión xa que tiñan moito interese en saquear esa "terra tan rica da que tanto falan os pelegríns". Precisamente as Torres do Oeste en Catoira foron construídas para repeler os ataques vikingos e agora, cada ano, se celebra unha romería que recrea esa incursión vikinga na nosa terra e a resposta das tropas do Castellum Honesti.
Os peques da Pementeira dixéronme que nunca oíran falar dos vikingos e por iso lles pedín que investigaran na casa (só dúas nenas me dixeron que lle preguntaran na casa a mamá e papá e que lles ensinaran no móvil como eran os vikingos, e que levaban falda). Así que estivemos aprendendo algunhas cousas sobre eles.
DRAKKAR
ALDEA VIKINGA
No hay comentarios:
Publicar un comentario